GMH/ÍNDICE A-Z

417
1381, xullo, 5
foro

Xoán Martínez de Carracedo, clérigo do coro, afóralle a Xoán Iáñez, capelán de Santa Eufemia, un piteiro de bacelar no Vao, lindando con leiras "das albergarias”, por 2 libras.

ACOu, Escrituras XIII, 30

Sabean quantos esta carta viren que eu Johan Martines de Carrazedo, clerigo do coro da igleia d’Ourense, dou e outorgo a foro a vos Johan Anes (cape)llan de Santa Oufemea et a toda vosa vos para senpre hun piteyro de bacelar que eu aio en termino d’Ourense no lugar hu chaman o Vaao, (et de)marca duun cabo con huna viña do cabidoo da igleia d’Ourense que ora lavra Lourenço Anes lavrador e do outro cabo parte con a congostra que vay (de) San Lasero para o Porto Vello et en fondo topa en huna leira de viña (da)s albergarias que ora ten don Vaasco Peres mestrescola d’Ourense (et) en çima topa en outra viña que ora ten Gil Martines da Corredoira abr(ocador) et con outro piteiro do cabidoo que vos dito Johan Anes teedes. (Afo)rovos o dito piteiro de baçelar con suas entradas e seidas e con todos (seus dereito)s, jures e perteenças sub tal condiçon (que o) lavredes e paredes (ben) en maneira que non desfalesca por mingoa de lavor et de boon param(ento e dede)s a min e a miña voz de foro (cada) anno por dia de San Martiño do mes de novenbro duas livras de diñeiros brancos desta moe(da que ora c)orre de que contan quareenta par (de diñeiros) brancos por tres (livras). Et do al que o aiades de dizemo a deus livre e quite de todo outro e(nbargo), çensso, trebuto e encarrego alguun. Et se quiserdes vender, (deyt)ar ou supeñorar o dito piteiro de baçelar que primeiramente frontedes a min (ou a) miña vos et nos lo dedes por lo justo preço que vos outre (por) elo der, et nonno querendo nos enton o vendede, deytade ou supiñorade a atal pesoa que seia semellavil de vos que lavre e pare (ben e) page e conpra e agarde as condiçoens desta carta et cada huna delas. Et obligo todos meus beens avidos e por aver para anparar e (def)ender vos et toda vosa vos senpre a dereito con este aforamento que vos faço sigundo dito he. Et eu o dito Johan Anes que soon presente por min e por todas miñas vozes para senpre asi o outorgo e reçebo en min o dito piteyro de baçelar aforado de vos o dito Johan Martines, et prometo (e) outorgo de o lavrar e parar ben e pagar de cada anno a vos e a toda vosa voz por lo dito dia de San Martiño as ditas duas libras e conprir (e) agoardar as condiçoens desta carta et cada huna delas. Et para o asy conprir obligo todos meus beens avidos e por aver. Et he posto (que) qual quer de nos as ditas partes que contra esto pasar et o non conprir et agoardar que peyte aa outra parte que o conprir et agoardar quiser (por) nomme de pena çem moravedis da boa moeda, et a dita penna pagada ou non esta carta e aforamento sobre dito fique firme et (valla) para senpre. Feita a carta en Ourense, çinco dias do mes de julio, era de mill e quatroçentos et des e nove annos. Testemuyas que a esto (presen)tes foron Gonçalvo Peres e Gomes Peres notarios d’Ourense, Vasco Rodrigues das Lamas scudeiro, Garçia Peres de Fromesta, Lopo Suares vogados, Roi da Silva, Afonso Ougea moradores en Ourense e outros.

Et eu Gonçalvo Oureyro notario publico da çidade d’Ourense por lo bispo e por (la igle)ia dese lugar que a esto presente foy e en miña presença o fis escripvyr et meu nome e meu signal aqui (fis e)n testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)