O deán e o Cabido de Lugo outórganlle a Fernando Arias unha leira en
Pazos e reciben a cambio dúas leiras de herdade na freguesía de San
Pedro de Soñar.
A..B..C.....E.
Sabeam quantos esta carta virem commo nos dayam et cabidoo da iglesia
de Lugo da huna parte, et eu Fernan Aras de Moesteiro, comendador da
barra da outra, fasemos entre nos tal escanbea valedeyra por senpre.
Conven a saber que nos dayam et cabidoo con outorgamento
de Iohan Aras, fillo de Aras Pelaes de Peyteeyros, que esta presente
et outorgante, damos et outorgamos a vos Fernan Aras para senpre por
iur de herdade, huna leyra de herdade que a nos perteesçe por
parte de Pedro Suares, a qual ias ena agra de Paaços entre la
leyra de Festos da huna parte, et a leyra de Pedro Martines de
Perrela, que comprou Maria da Penna, da outra, et fer de huna testa
na cortina da Avelayra, et da outra testa na leyra que chaman dos de
Perrela que ias contra a Lamela. Et eu Fernan Aras, comendador, dou
et outorgo a vos, dayam et cabidoo sobredito, para senpre por iur de
herdade duas leyras de herdade, das quaes a huna ias na agra de
Peyteeyros a Avelayra entre duas leyras de fillos de Pedro Ferrnandes
de Sonar, et fere de huna das testas en huna leyra do bispo que ias
contra o souto d’Onega, et da outra testa no caminno que ven
para Lugo; et a outra leyra d’estas ias na agra chamada de
Valinas entre las leyras de Maria Peres de Paaços da huna
parte, et a de Maria Domingues de Perrela da outra, et fer de huna
das testas en huna leyra do bispo que ias parado de Fonteela, et da
outra testa na leyra de Elvira Pellaes que vay para a iglesia. As
quaes ditas leyras son sub signo de Sant Pedro de Sonar. Et cada huna
de nos estas partes prometemos et obligamos a faser senpre de pas
estas leyras sobreditas de que fasemos esta escanbea commo dita he
por todos nossos bees. Et que esto seia çerto et non vena en
dulta, rogamos a Fernan Peres, notario publico de Lugo, que fasa
desto faser duas cartas en hun tennor partidas por A.B.C. et ponna en
cada huna d’ellas seu nome et seu signal en testemoyo de
verdade. Feyto foy esto quatro dias de iulio, era de mill et CCC LXXª
et dous annos. Testemoyas que a esto presentes foron: dom Fernan
Aras, dayam; dom Pedro Ruys, arçidiago de Deçon; dom
alvar Dias, arçidiago de Sarrea; dom Pedro Iacome, iuys; dom
Aras Pelaes, thesoreyro; Iohan Ferrnandes, Andres Peres, coengos de
Lugo; Affonso Anes, rasoeyro, Françisco Guillelmes,
sanchristan; et Iohan Aras, fillo de Aras Pelaes de Peyteeyros que
foy, ts.
Eu
Fernan Peres, sobredito notario publico de Lugo, que a esto chamado
et rogado presente foy con as ditas testemoyas, et a rogo das partes
sobreditas esta carta en minna presença fige scrivir et puge y
meu nome et meu signal. (+).