GMH/ÍNDICE A-Z

50

s/d

Maior González e o seu marido Álvaro González Pato arrendan a Rodrigo, besteiro, e á súa muller Aldonza Afonso, por tempo de vinte anos, tres piteiros de viña na Cuíña, coa condición de pagar ao Cabido os respectivos foros de quinta e de sexta, e 10 mrs. a eles, así como poñer unha cavadura de viña no que está a campo. (fol. 15-15v)

Sabean quantos esta carta de arrendamento viren como eu, Mayor Gonçalves, moller de Alvaro Gonçalves Pato, con liçençia do dito meu marido que me da liçençia para elo e eu, o dito Alvaro Gonçalves que son presente asy dou a dita liçençia e consento en elo, arrendamos a vos Rodrigo Veesteiro vesiño d’Ourense e a vosa moller Aldonça Afonso, doje a viinte annos conpridos et mays non, conben a saber que vos arrendamos tres piteiros de viña que jasen enna Cuyna, do qual hun deles he de foro de quinta e hos dous de foro de sesta; o de quinta parte con viña de Fernando Branco e da outra con viña de Afonso Bernaldes et con outra de Vasco Peres alfayate et os outros hun deles parte con viña de Alvaro carniçeiro et da outra parte con de Afonso Caldellas et da outra con a congostra e ho outro parte con viña de Alvaro carniçeiro e da outra parte con viña de Joan de Deus alfayate e entesta en viña de Vasco Branco, os quaes vos arrendamos por viinte annos por tal condiçon que façades foro de quinta e de s que he de foro de quinta e dos de sesta foro de sesta ao cabido e a nos en pas e en salvo dez mrs. de cada anno por día de San Martiño e he posto condiçon que os entrechantedes e que chantedes huna cabadura ( fol. 15)
que chantedes huna cabadura do canpo que esta por chantar e do al de disemo a deus etç. e se quiserdes vender etç. e obrigamos nosos beens etç. et eu o dito Rodrigo Veesteiro obrigo meus beens etç. Penna dosentos mrs. etç. Tests. Diego barbeiro et Rodrigo Gago e Joan do Bouteiro.