GMH/ÍNDICE A-Z

147

s/d

Lopo de Mugares, escudeiro, afora a perpetuidade a Pedro Rodríguez, morador en Mugares, un bacelar e un anaco de monte, por quinta de viño e composta e coa condición de poñer viña no monte. (fol. 45)

Carta de Pero Rodrigues; pagadas III brancas.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu, Lopo de Mugares escudeiro, dou e outorgo a foro a vos Pero Rodriges que sondes presente, morador en Mugares, e a todas vosas voses para senpre, conben a saber que vos aforo o meu baçellar (fol. 44v)
de Çeduras, que esta enna freigesía de San Martiño de Mugares e parte con outra miña viña que eu y teño, que he de Verdello de Ribadavya e parte en baixo con souto de Gonçalvo Afonso e en çima con outro de Joan Afonso seu yrmaao e da outra parte con outro souto de Joan do Regueiro; aforo vos o dito baçello segundo nomeado. Iten vos aforo mays hun pedaço de monte que eu teño aforado do cabido da igleia d’Ourense, o qual monte parte porla figeira abaixo para o baçello que ten Joan Rodrigues de min aforado e da outra parte con herdade do dito cabido e en cima con outro meu leiro de monte. Aforovoslo con taes condiçoens que chatedes o dito monte e façades del e da dita leira de viña foro de quinta de todo o viño que deus en elles der, a qual novidade colleredes por meu mayordomo etç. e daredes a conposta enna viña e o viño branco no lagar etç. etç. e do al de disemo a deus etç. et se q obrigo meus beens etç. e se quiserdes vender etç. et eu o dito Pero Rodrigues obrigo todos meus beens de chantar o dito monte etç. e faser o dito foro de quinta etç. Tests. Penna dosentos mrs. etç. Tests. Pero Pereiro e Gonçalvo Rodrigues moradores en Çebolino, Lopo de Santa Ougea, Martin de Calvos. ( fol. 45)