GMH/ÍNDICE A-Z

651
1363

Carta de Fernando Ruíz de Castro, pertegueiro maior de Santiago, na que lles ordena aos alcaldes de Sarria, O Outeiro, San Xulián e outros lugares, ante a reclamación presentada polo bispo de Lugo, que respecten os privilexios dos coutos da catedral.

MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 106v.

LUGO, AC, extr., Tumbo Nuevo, fols. 236v-237r.

Ante min Fernan Ruys de Castro, pertegero mayor de tierra de Santiago, et alferes mayor del rey as[...] alcaldes das minnas villas de Sarria, et de Otero, et de San Iullao, et dos outros meus lugares, et a qualquer ou quaesquer de vos a que esta mina carta for mostrada, saude et boa ventura.

Sabede que don frey Pedro Lopes, obispo de Lugo, et confesor de meu sennor el rey don Pedro, se me querelou et diso que avendo el et su iglesia alguuns coutos et lugares en vosos regnos et alfoses dos ditos lugares que nunca andaron convosco en tallas, nen en outras peytas alguas que foren postas por vos en vosos regnos et alfoses, et agora que vos novamente des que foron meus que os pediades et el et su iglesia que reçeberan grant dampno et grant gravamen et destruymento dos ditos lugares, et pidiome o dito obispo que mandase saber a verdade de commo pasavan convosco os ditos lugares des que foron meus, et achada verdade que era asi que elles ante que fosen meus que non peytavan en peytas, nen en tallas, nen en outros serviços que a nos perteesçesen nen por vos fosen postos, que lle fesese asy guardar. Et eu veendo que el demandava dereyto et rason, et por quanto a min paresçe mays de gardar et defender a el et a a dita su iglesia que de a dessaforar et yr contra seus privillegios et suas libertades et franquesas que ouveron ata aqui, et para yr contra ellas en sobre a vosoutros que o façades, teno por ben de o faser asi et de mandar faser saber [...] a dita verdade porque os ditos seus lugares seian guardados ennos boos husos et custumes, que senpre ouveron ata aqui, et les foron gardados ennos tempos dos outros reys et senores que teveron ante que meu sennor el rey a min delas fesese merçee. Porque vos mando que tomedes hun alcallde, ou hun omme boo, entre vos en cada hun dos ditos lugares et con [...] mestrescola da dita sua iglesia, ou con Alvar Rodrigues, chantre enna dita sua iglesia, a os que o sennor obispo mandar que o veian convosco, et que sabeades a verdade das comarchas de terra de arredor os ditos lugares et coutos en commo husaron convosco et con ou outros que foron ante que vos, et que lo guardedes et façades assi guardar. Et se algua cousa en esta rason teedes tomada ou enbargada a os moradores dos ditos coutos et lugares que lle lo entreguedes logo ata que a dita verdade seia sabuda. Et non façades ende al sub pena de mina merçee et de seysçentos maravedis desta moneda usual, se non sabede que a vos et a cada hun de vos me tornaria por ello.

Et mando, sub a dita pena, a qualquer notario publico dos ditos lugares et cada hun deles que para esto for chamado que de ende testemoyo se por el for[...] de aquel que vos la mostrar porque eu sabea en commo complides meu mandado, et non faça ende al sub a dita pena. Et por que esto seia çerto mandela ende dar esta mina carta seellada con meu seello.

Feyto eno rayan de Murvedro, vinte et oyto dias [...] era de mill et quatroçentos et hun annos.

Fernan Ruys de Castro.