GMH/ÍNDICE A-Z

47

1417, agosto, 3.
O Concello cumprindo o ordenado día dá conta ó recadador maior do Rei, Diego Fernández de León, da toma de maravedís por parte do arcebispo.

Tres dias do mes de agosto. Sabean todos que seendo o conçello et regidores jurados et homes bõos da çidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario da dita çidade por crida de anafil segundo que an de uso et de costume, presentes ende Fernan Ares Xarpa, alcallde da dita çidade et Martin Serpe, Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, Fernand Gonçales do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Juan Ares da Canna et Martin Galos, regidores jurados da dita çidade et en presença de min o dito notario et das testemoyas adeante escriptas, logo enton o dito conçello, alcallde et regidores sobreditos diseron que por quanto noso señor o arçobispo de Santiago don Lopo fesera toma en çertas rendas de alcavalas da dita çidade deste dito anno de çertas contias de moravedis segundo que se contiña ennas cartas de toma que sobrelo dera et era ordenança de noso senor el rey que quando algũo señor ou outra persona poderosa fesese toma ennas suas rendas que o conçello onde a tal toma fose feita, presentase a tal toma fasta çerto tenpo ante os seus contadores mayores ou ante o seu recabdador que fose da comarqua onde a tal toma fose feita et diseren que por quanto Diego Fernandes de Leon recabdador mayor de noso señor el rey enno arçobispado de Santiago con o obispado de Tuy estava agora en esta dita çidade, por ende que mandaran et mandaron a Vaasco Peres Abril et a Gonçalvo de Covas et Juan Rodriges do Çiquelo fiẽes que eran da alcavala do viño da dita çidade que presentes estavan que presentasen por ante min notairo a o dito Diego Fernandes, recabdador as cartas de toma originaes que o dito señor arçobispo fesera este dito anno ennas rendas de alcavalas do dito señor rey desta dita çidade et eso mẽesmo que presentasen as cartas de pago que dos moravedis das ditas thomas foran dadas a os fiẽes das  rendas do se fisera a dita thoma. Et os ditos Vaasco Peres et Juan Rodriges et Gonçalvo de Covas diseron que eran prestes de presentar as ditas tomas et cartas de pago delas ao dito Diego Fernandes por segundo o conçello lles lo mandara. Esto fuy enno dito lugar, dia, mes et anno susoditos. Testemoyas que a esto foron presentes Bernald Yanes do Canpo vasalo del rey et Vaasco Fernandes Troco (sic) et Juan da Caña et Gonçalvo de Millares, vesiños da dita çidade.