GMH/ÍNDICE A-Z

D210
1459, maio, 25
O mercador Gonzalo Rodríguez outorga garantías ao alcalde para sacar de prisión e ter baixo a súa responsabilidade ao seu fillo, denunciado por Inés Gata por darlle unha pedrada ao seu. (fol. 63v)

Foy dada por nehuna Fiança /que\ deu Alvaro Garçia porlo esta fiança con autori/dade\ seu fillo. do dito alcallde.

(En este dia perante o dito Pero Lopes alcalde, Gonçalvo Rodriges mercador se obrigou por si (e)* e por seus bens que por rason que seu filo (seu filo)* (- - -) dera huna pedrada enno gionlo (a seu fil)* a Domyngo, filo de Ynes Gata, e a dita Ines Gata deu del querela, porlo qual estava preso en poder do dito Pedro de Miranda alcallde, por ende que el o recebya de poder do dito alcalde como fiador carcereyro e que se obrigava deo entregar ao dito alcalde cada e quando que le por el fose mandado (o)* ou eso mesmo por el, para o qual diso que obrigava si e seus bens e daba poder conprido a qualquer justiça e renuncyava a todas las lees e dereytos etç. Tests. Nuno d’Ousende, Joan Afonso mercador, Alvaro Fernandes pregoeyro e Martyn Gayo ferrador)*.