GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

519
1348, decembro, 26. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo afóranlles a Fernando Vázquez, clérigo do coro, e a unha voz o casal de Trigaes, na freguesía de San Vicente de Deade, por 16 marabedís anuais.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 62v.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayan, et o cabidoo da iglesia de Lugo, avervamos et arrendamos a vos Fernado Vaasques, clerigo do coro de Lugo, por en todos vosos dias et de huna pessoa qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, o cassal et herdamento de Triigares, que he dos aniversarios desta iglesia, con todas suas dereyturas et pertenenças peru quer que vaan, sub signo de San Viçenço de Deade, et sub outro signo qualquer que vaan, et con a vinna d’entre vinnas, o qual ora ten afforado Pedro Affonso; et vos et a dita pesoa avedes a faser lavrar et parar ben as herdades do dito casal et manteer las cassas del en boo estado, et dardes, cada anno, de renda en salvo en Lugo, a aquel que tever os aniversarios desta iglesia, XVI moravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey don Affonso, por dia de Pascoa, et a finamento de vos, o dito Fernando Vaasques, a pesoa que por vos for nomeada para esto venna reçeber o vervo de nos, lo dito cabidoo, do dia que vos finardes ata hun mes primeyro. Et a finamento da dita pesoa o dito cassal et herdamento et vinna, fiquen livres et quitos a os aniversarios desta iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Fernando Vaasques, que estou presente por min et por la pesoa sobredita assy reçebo o dito vervo do dito cassal de vos, los ditos dayan et cabidoo, et obligo meus beens et seus para faser et conprir todo o que sobredito he. Et por que esto seia çerto et non venna en dulta nos, dayam et cabidoo et Fernando Vaasques sobreditos, rogamos a Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, que fezese desto duas cartas tal huna commo outra, huna no livro do cabidoo et outra a o dito Fernando Vaasques.

Que foron feytas en Lugo viinte et seys dias de dezembre, era de mill et CCC LXXX et seys annos.

Et foron pressentes: don Diego Ferrnandes, dayan; don Fernando de Deus, chantres; don Alvar Diaz, arçidiago de Neyra; don Garçia Dias, arçidiago de Sarrea; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Pedro Arias, mestrescola; don Affonso Gomes, iuys; don Vaasco Dias, thesoreyro; Iohan Dias, Thomas Gomes, Rodrigo Affonso, coengos; Diego Gomes, raçoeyro; Gonçalvo Peres et Iohan Ferrnandes, clerigos do coro de Lugo, ts.

Et eu Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, fuy pressente et fis scripvir et puge y meu sinal.