GMH/ÍNDICE A-Z

466
1393, xullo, 10
foro

O cóengo Gonzalo Iáñez afóralles a dúas voces a Xoán Vaqueiro e á súa muller, Tareixa Álvarez, a terceira parte dunha casa na rúa da Traparía por 13 libras.

ACOu, Escrituras XII, 84

(ed. M. Castro / M. Martínez Sueiro, Colección de Documentos del Archivo de la Catedral de Orense, I, 356-357)

Sabean quantos esta carta viren que eu Gonçalvo Anes coengo d’Ourense teendor da suçisom que ordenou Roy Peres Fungoso mercador que foy d’Ourense, por liçença e outoridade de Diego Fernandes coengo d’Ourense vigario do bispado d’Ourense en lugar de don Ares Fernandes chantre vigario geeral do onrrado padre e señor don Pedro porla graça de deus bispo d’Ourense, dou e outorgo a foro a vos Johan Vaqueiro morador en Ourense na Traparia et a vosa moller Thereyia Alvares que sodes presentes en vosas vidas e a duas voses apus finamento danbos quaes o postrimeiro de vos nomear a tenpo de voso finamento et non nos nomeando que seia a primeira vos aquel que de dereito herdar os outros beens do postrimeiro de vos et a qual nomee a segunda vos et non na nomeando que seia a segunda vos aquel que herdar os outros seus beens de dereito et asy vaan as ditas voses huna pus outra suçesive. Conven a saber a terça parte de hunas casas con seu sotoon e sobrado en que vos morades na dita rua da Traparia, das quaes casas as outras duas terças de Johan Ares escudeiro morador en Penna Vigia, as quaes casas e sotoon e sobrados todas demarcan da huna parte con casas da suçison que ordenou Roy Maravilla en que mora Afonso Peres clerigo et da outra con casas en que mora Françisco Anes notario d’Ourense e Thereyia Anes sua moller e ten as portas na dita rua da Traparia. Aforovos a dita terça parte das ditas casas con suas entradas e saydas e con todos seus dereitos e perteenças por tal condiçon que as telledes e trastelledes e reparedes de todo o que lles conprir en quanto monta a dita terça parte das ditas casas et dedes de cadauun anno de foro vos e as ditas voses a min e a meus suçesores teendores da dita suçison trese livras de diñeiros brancos desta moeda que corre a viinte soldos de brancos por livra ou a estimaçon delles na moeda que correr et pagardes los aos terços do anno segundo costume da çidade d’Ourense et fumagen acostumada e livres e quites de todo outro enbargo. Et para a dita liçençia obligo os beens da dita suçison para que vos e as ditas voses seiades defesos e anparados a dereito con a dita terça parte das ditas casas que vos aforo commo dito he. Et nos os ditos Johan Vaqueiro e Thereyia Alvares que somos presentes asy reçebemos de vos dito Gonçalvo Anes a dita terça parte das ditas casas aforadas porla maneira e condiçoens sobre ditas et para tellar e trastellar e reparar de todo o que lles conprir et para dar e pagar a vos e vosos suçesores teendores da dita suçison as ditas trese livras aos terços do anno segundo dito he e conprir e agardar as condiçoens desta carta e cadauna dellas obligamos todos nosos beens gaañados e por gaañar. Posto foy e outorgado entre nos as ditas partes que a parte de nos que contra esto pasar e o non conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nome de penna e interese çen mor. da dita moeda et a penna pagada ou non esta carta e aforamento e todo o que en ela he contiudo valla e fique firme no dito tenpo. Et eu o dito Diego Fernandes vigario sobre dito por quanto eu reçeby juramento en minas maos sagradas do dito Gonçalvo Anes se o dito aforamento he prol e boon paramento da dita suçison e dos teendores dela et el porlo dito juramento diso que sy, eu por a dita rason dou mina liçençia e outoridade ao dito aforamento e entrepoño a el meu degredo que valla e aia firmedue por o tenpo que he feyto. Feyta a carta en Ourense, des dias de jullio, anno do naçemento de noso señor Jhesu Cristo de mill e tresentos e noveenta e tres annos. Tests. que presentes foron Françisco Anes notario d’Ourense, Pero Anes clerigo reytor da igleia de Santiago d’Açorelle e Johan Gonçalves fillo de Gonçalvo Rodrigues da rua dos Çapateiros, Martin Anes ome do dito Gonçalvo Anes, Rodrigo Afonso sobriño do abbade da Triindade, Fernan Anes clerigo do coro e Lourenço Rodrigues.

Et eu Afonso Anes notario publico d’Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar que a esto que sobre dito he presente foy con os ditos tests. e o scrivy et en esta carta que dello dey aos ditos Johan Vaqueiro e a dita sua moller meu nome e signal fige en testemunyo de verdade que he tal.

(sinal)

[reverso] Suicion.