GMH/ÍNDICE A-Z

118

1419, maio, 20.
Fernan Vieites, declara ter recibido 90 maravedís do seu salario anual de 1418.

Viinte dias do mes de mayo, Fernan Vietes, servente do conçello de Santiago, confesou que reçebera de Juan Dominges, procurador do dito conçello, noveenta maravedis, branqua en tres dineiros, de seu selario do anno pasado que se fiinçeu enno mes de janeiro pasado en este dito anno da feita desta carta. Testemoyas, Gonçalvo Rodriges, correeiro e Juan Fernandes, criado de Vaasco Troquo.