GMH/ÍNDICE A-Z

71

1418, marzo, 21.  
Gómez Rodríguez declara ter recibido os maravedís que lle correspondían dos marcos do arcebispo.

Viinte et hũu dias do mes de março. Sabean quantos esta carta viren como eu Gomes Rodriges, bachiller en Decretos jurado, da çidade de Santiago, outorgo et connosco que reçebi de vos Pero Leiteiro, procurador do conçello da dita çidade os maravedis dos marcos que noso señor o arçobispo de Santiago ha de aver en cada hũu anno enna dita çidade, os quaes maravedis eu teño por merçed en cada hũu anno do dito señor arçobispo et os quaes maravedis que me asi pagastes por rason dos ditos marcos son deste anno da feita desta carta e dos quaes me outorgo por entrego e ben pagado e renunçio e eixençon do aver non dado, nen contado, nen reçebido, nen pagado en presença do notario e testemoyas et a toda outra eixençon que nunca delo diga o contrario et por ende dou por quito et libre para todo senpre a o dito conçello et veziños e moradores da dita çidade dos ditos marquos que asi ouve de aver este dito anno por vigor da dita merçed que me delo feso o dito señor arçobispo segundo dito he. Et eu o dito Pero Leiteiro, que presente sõo, por min et en nome do dito conçello asi o reçebo. Feita a carta enna dita çidade de Santiago, anno, dia et mes sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes:Juan Ares da Cana, alcalde enna dita çidade et Gil Peres et Juan da Cana, veziños da dita çidade.