GMH/ÍNDICE A-Z

80
 
1418, abril, 16.
Juan de Boado, declara ter recibido o seu salario por arma-lo reloxio.

(Fol. 41)
Des e seis dias do mes de abril. Sabean todos que eu Juan de Voado, clerigo, conosco e outorgo que reçebi de vos Alvaro Gil, procurador do conçello da çidade de Santaigo çento e çinquoeenta moravedis, contando blanqua a tres dineiros, os quaes ditos maravedis me pagastes en nome do dito conçello por rason do selario que o dito conçello me ha de dar en cada hũu anno por armar o relogio e dos quaes ditos maravedis me outorgo por entrego e ven pagado e renunçio a ley do aver non dado nen contado en presença do notario e testemoyas e a toda outra eixençon que nunca delo diga o contrario. E estes ditos moravedis que me asi pagastes e que eu ouve de aver por la dita rason segundo dito he sondo selario que eu ey de aver este anno da feita desta carta e porque esto seja çerto outorgey esta carta de pago por ante o notario e testemoyas infra escritos. Feita a carta enna dita çidade de Santiago anno, dia e mes susoditos. Testemoyas que a esto foron presentes, Martin Serpe çidadãao de Santiago e Garçia da Mella armeiro e Afonso Peres, escrivan.