GMH/ÍNDICE A-Z

212

abril, 22

Conta entre Fernando Enríquez, vasalo do rei, e Estevo de Sordos, procurador dos moradores do concello de Bande, sobre un libramento de 6.000 pares de brancas feito ao primeiro sobre as alcabalas dese lugar do ano 1428, que se pagan en diñeiro e gando. (fols. 67v-68)

Anno sobre dito quinta feira, viinte e hun dias do mes et dous dias do mes de abril en Ourense, ennas casas de Alvaro Fernandes coengo, foy en presença de min o notario e tests. de juso escriptas, foy feyta conta fençida et rematada ontre Fernan Enriques, vasallo de noso señor el rey et Estevo de Sordos, procurador dos moradores do conçello de Vaande, sobre rason de hun libramento que Pero Carneiro, canonigo enna igleia d’Ourense, feso ao dito Fernando Anriques ennos moradores do dito conçello ennas alcavalas do dito couto \conçello/ do anno pasado de mill et quatroçentos e viinte e oyto annos, de contía de seys mill pares de brancas que contra elles protestou das ditas alcavalas do dito anno, os quaes ditos seys mill pares de brancas librou o dito Pero Carneiro ao dito Fernando Anriques ennos moradores do dito conçello por sua carta firmada de seu nome et signada do signo de Afonso Martines da Costa, dos quaes ditos seys mill pares de brancas o dito Fernando Anriques se outorgou por pago en esta maneira. Iten que reçebeu Mayor de Lineses, moller de Gomes de Lineses, en nome do dito Fernando Anriques, noveçentos e viinte mrs. de moeda vella branca en tres dños. Iten que reçebeu Lyonor de Noboa, moller do dito Fernando Anriques, de Alvaro Fernandes canonigo enna igleia d’Ourense et reytor da igleia de Vaande, tresentos et noveenta mrs. branca en tres dños., os quaes .- ja van escriptos ennas costas da obrigaçon. ( fol. 67v)
Iten mays dosentos mrs. da dita moeda que o Pero dito Pero Carneiro ja avya reçebido dos fiees das ditas alcavalas do dito anno. Iten mays deu en conta \et en pago/ o dito Estevo de Sordos, procurador do dito conçello, ao dito Fernando Anriques onse boys que foron taixados en mill e dosentos mrs. da dita moeda vella \que o dito Fernando Anriques pinorou ao dito conçello por los ditos mrs./ et mays duas bacas para en pago das custas que o dito Fernando Anriques feso en cabar os ditos mrs. Iten mays oytoçentos mrs. \da dita moeda/ que lle o dito Estevo de Sordos pagou ao dito Fernando Anriques en dños. feitos. Asy que montan todas las dita pagas con os ditos boys e vacas tres mill et quiñentos e dez mrs. da dita moeda, et mays noveenta mrs. que o dito Fernando Anriques quitou por las ditas duas bacas. Asy que son conpridos os ditos seys mill pares de brancas contiundos ennoa \protestaçon et/ dito libramento que o dito Pero Carneiro librou ao dito Fernando Anriques enno dito conçello, dos quaes ditos mrs. o dito Fernando Anriques se deu por pago do dito conçello e do dito Estevo de Sordos, do qual logo o dito Fernando Anriques entregou ao dito Estevo de Sordos o poder que o dito Pero Carneiro tina do rendeiro de noso señor el rey, que avya para recadar as ditas alcavalas et mays a dita protestaçon et libramento dos ditos seys mill pares de brancas que o dito Pero Carneiro librou ao dito Fernando Anriques enno dito conçello, et mays huna obrigaçon signada de frey Vasco notario que o dito Fernando Anriques tina sobre lo dito conçello dos ditos mrs., os quaes recados o dito Estevo de Sordos logo reçebeu en presença de min o dito notario. Tests. Alvaro Fernandes canonigo enna igleia d’Ourense e Gomes de Canba clerigo do coro da igleia d’Ourense e Diego criado do dito Alvaro Fernandes e Gomes de Gayoso raçoeyro enna igleia de Santiago. ( fol. 68)