GMH/ÍNDICE A-Z

526
1434decembro, 13
Afonso Gómez da Rabenda paga a frei Xoán Lois, freire de San Francisco, dez trintanarios de misas que este dixera pola súa muller María Afonso, a 70 mrs. cada un. (fols. 162v-163)


Feita e dada.        Afonso Gomes da Rabeenda.

En este día frey Joan Loys, fraire do mosteiro de San Françisco d’Ourense, outorgou que reçebera de Afonso Gomes da Rabeenda e que se outorgava por pago del, de dez annos a esta parte de cada anno de hun triintanario de minsas que se disera (fol. 162v)

cada hun anno por la alma de Maria Afonso, moller que foy do dito Afonso Gomes, dos quaes diso que reçebera del de cada hun anno seteenta mrs., dos quaes ditos dez annos dos ditos dez triintanarios se outorgou por pago. Tests. Afonso de Betanços notario, Gonçalvo Laso et Gonçalvo de Sarria.