GMH/ÍNDICE A-Z

1005
1426, maio, 24. Lugo

O vigairo do bispado de Lugo renova o foro outorgado a favor de Xoán de Laredo e de dúas voces dunha casa próxima ás cortiñas de San Román por ter perdido o beneficiario o documento primitivo no incendio da cidade, fixándose agora nova renda.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/18, perg. orix., galego, cortesá, 184 x 242 mm.
       

Sabean quantos esta carta viren como eu don Juan Ruys, arçediano de Grado en a iglesia d’Ovedo, et vigario et provisor geeral en o spiritual et temporal en a çiudade de Lugo et seu obispado por lo moyto onrrado padre et senor don Fernando por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo. Por quanto vos Juan de Laredo, criado do dito senor Obispo et seu servidor, tinades en foro por vos et por outras duas persoas huna casa que esta a par da plaça das Cortinas de San Romao da dita çiudade junta a par da casa da Tulla da huna parte, et da outra parte a par da outra casa en que agora mora Afonso Barbeyro, que he da mesa obispal do dito senor Obispo, et a qual tinades aforada por vos et por outras duas persoas depus vos por contia de çinco maravedis de cada ano, de que vos avian feito o foro della o senor don Lopo, Obispo de Lugo, que foy, et tanto pagavades de foro dela en cada hun ano et en o tempo que arderon as casas en o Canpo et en a dita çiudade fesetes por voso juramento a os santos evangelios que perderades o dito foro et me pedistes que vos fesesse et outorgasse o dito foro da dita casa, segundo que o tinades, por la dita contia de cada ano segundo dito he. Et eu entendendo que he prol et boo paramento do dito senor Obispo et sua iglesia et que vos, o dito Juan de Laredo, sodes tal persoa que os serviredes, et porque a dita casa se more et este en boo estado et paramento et foro, dou aforo et vervo a vos, o dito Juan de Laredo, et a duas persoas depus vos, huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et se non for nomeada por vos ou por ella que seia aquella que herdar et subçeder en vosos vees de dereito; et avedes de seer vassallo servente et obediente do dito senor Obispo. Et que dedes de foro da dita casa a o dito senor Obispo, ou aquel que o por el ouver de aver, ou seu subçesor, seys moravedis da moeda vella de cada ano por dia de Natal, ou en este dito termino et praso; et que tenades a dita casa feyta et cuberta et en boo estado et paramento, et a fin da pustrimeira persoa que leyxedes a dita casa a o dito senor Obispo de Lugo et sua iglesia, ou a seu subçessor, feyta, cuberta et reparada et en boo estado et paramento et con todos los boos paramentos que en ella foren feitos.

Et eu, o dito Juan de Laredo, que presente estou por min et por las ditas persoas assy reçebo de vos, o dito arçediano et vigario, este dito foro da dita casa por la dita contia de cada ano, et clausulas et condiçoes sobreditas et cada huna delas, et obligo min et meus bees et das ditas persoas de teer, comprir et pagar et gardar este dito foro, segundo que se en el conten. Et eu, o dito arçediano et vigario, asi vos lo outorgo et porque he çerto deivos delo esta carta de foro firmada de meu nome et seelada de meu seelo et mandey a o notario de iuso scripto que a signasse de seu signo.

Que foy feyta et outorgada en Lugo, viinte et quatro dias de mayo, ano do naçemento de noso salvador Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et seys anos.

Testemoyas que foron presentes: Pedro de Fontomin, et Fernando de Rojas, et Juan Martines, clerigo, arçipreste [...]belforado, criados do dito vigario.

Jo. archidiaconus, lucensis vicarius.

Et eu Ares Peres, notario publico da dita çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, puge en esta carta por rogo et mandado do dito vigario et pedimento do dito Juan de Laredo meu signo en testemoyo de verdade.
Ares Peres, notario.