GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1101
1455, maio, 7 mércores. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Afonso de Gonteris, á súa muller e a dúas voces a terceira parte de dous casais de herdade na aldea de Gonteris por renda anual de 18 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 3 r.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 3.
   

Sabean quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de canpana tangida, segundo avemos de uso et de custume, dentro en a dita iglesia açerqua da porta por onde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçesores aforamos et damos aforo et avervo a vos Afonso de Gonteris et a vosa muller, Ysabel Gonçales, et a outras duas personas depus de vos, huna qual o postremeyro de vos nomear et a outra qual nomear aquella que por lo postremeyro de vos for nomeada, et se non for nomeada que seia aquella persona que herdar vosos beens ou a mayor parte deles de dereyto et asi das personas que por vos foren nomeadas, conven a saber a terça parte de dous casares de herdade que nos avemos en a aldea de Gonteris, que son da aministraçon do mes de deçiembre, con as casas et selleyro et [...] segundo que as tina Rodrigo Afonso Cuçiastes, voso padre, et vos despoys del, a tal pleito et condiçon que labredes et façades labrar as ditas herdades dos ditos casares, et as tenades ben labradas et as casas lebantadas et ben cubertas et reparadas en maneyra que as herdades que esten ben lavradas et se non vaan a monte con mingoa de laboria nen as casas con mingua de reparo, et que tiredes de monte as erdades dos ditos casares da vosa parte segundo tiraren os outros do dito logar; et dedes de foro por las ditas erdades et casas en cada hun ano des et oyto maravedis de longos por dia de San Martino de novembre, a o aministrador da dita aministraçon, vos et as ditas personas que suçederen en o dito foro, postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo. Et otrosi con condiçon que cada huna das ditas personas que suçeder en o dito foro despoys de vos que do dia que en el suçeder por foreyra ata triinta dias logo siguentes se vena mostrar por foreyra do dito foro a nos, o dito cabidoo, su pena que si o asi non feser que por eso mesmo feyto perga o dito foro et todo dereyto que a el aia. Et a finamento da postremeyra persona que as ditas erdades et casares fiquen libres, quitas et desenbargadas a nos, o dito cabidoo, et a dita aministraçon con todos los boos paramentos que en ellas foren feytos.

Et eu, o dito Afonso de Gonteris, que presente soo asy reçebo as ditas casas et erdades et foro dellas de vos, o dito cabidoo, por las maneyras et condiços sobreditas et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de o comprir, pagar et atender todo asi segundo susodito he.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos dello faser duas cartas de foro por lo notario iuso escripto anbas en hun tenor huna para vos, o dito Afonso de Guntiris, et vosas personas.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo, dia quarta feyra, sete dias do mes de mayo, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et çinquo anos.

Testigos que foron presentes: Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarria en a dita iglesia; et Afonso Martines de Galdo, chantre; et Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; et Gomes Vasques de Paramo, et Diego de Luazes, canonigos da dita iglesia.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy, et esta carta de foro por outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal rogado et requerido.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.