GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

649
1362, xullo, 3 domingo. Mazoi
Lope Rodríguez véndelle ao bispo de Lugo todo o que posúe en San Pedro de Narla, As Camoiras e Mera por 200 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 420 B, fol. 30v.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Lopo Rodrigues de Paradela por min et por minna yrmaa Moor Gomes, muller de Alvaro Gonçalves de Sarria que fuy, de que aio comprado et gaanado, de bon curaçon et de boa voontade vendo a vos, o moyto onrrado padre et sennor don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores, por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, para vos et para vossa iglesia, todas las herdades et paaços et cassas et coutos et sennorios et padroadigos et iantares, que eu et a dita minna yrmaa que fuy, avemos et nos perteesçe d’aver por nossa avoa, dona Tereyia de Caldelas, enno couto et iglesia de San Pedro de Narla, et ennas Camoyras, et en Torivel, et en Atae, et en outros lugares quaesquer que os eu por min et por la dita minna yrmaa aia en Narla et ennas Camoyras et en Mera, sub quaes signos quer que vaa et sub quaes sennorios quer ennos ditos lugares, et reçebo de vos en preço por esta vençon duçentos moravedis, a des dineiros o moravedi, desta moeda del rey don Affonso que ora corre, dos quaes me outorgo por entrego et ben pagado, et renunçio a exçepçon do aver non contado nen reçebudo que o non possa por min diser nen allegar contra este contraucto, et obligo min et todos meus bees, mobelles et rays, ut quer que os eu aia et deva por aver asy ora commo d’aqui adeante, para vos faser esta vençon senpre de pas, et des oie este dia endeante ponno fora a min et a minna vos do iur et da possison destas coussas iaditas que vos vendo et entrego a vos, o dito sennor obispo, en ellas, et a vossos subçessores que as aiades livres et quitas para faser dellas et de cada huna dellas toda vossa voontade, et demays outorgo et prometo que nunca por min nen por outren en iuyso nen fora del venna contra esta dita vençon por manera de engano nen por rason que queyra diser que a dita paga non oyve, nen por outra manera nenhuna, et algun dereito ou boa rason sea eu, ou outros por min, podessemos aver para contra ellos passar renunçio que me non valla, et expressamente renunçio a lee do Valeriano que me non possa aqui valer nen presentar commo quer que a por min allegue. Et por que esto seia çerto et non venna en dulta roguey a Arias Peres, notario publico de Lugo et enna audiençia do dito sennor obispo, que fesesse ende esta carta.

Que fuy feyta en Masoe, domingo, tres dias de iulio, era de mill et quatroçentos annos.

Testemoyas: dom Ruy Fernandes, arçidiago de Neyra; dom Ruy Gonçalves, thesoreyro de Lugo; Iohan Yanes de Burela; Garçia Lopes, çevadeyro; Arias Ferrnandes, camareyro do dito sennor obispo; Gomes Arias, prior de San Lourenço de Carvoeyro; frey Pedro de Goyan, prior de Sarria; Lourenço Peres de Cas de Naya, clerigo, et outros.

Et eu Arias Peres, notario publico de Lugo et enna audiençia do dito sennor obispo dado por auctoridade do dito sennor obispo, a esto presente fuy con as ditas testemoyas, et a rogo do dito Lopo Rodrigues esta carta scrivi et puge y meu signal en testemoyo de verdade.