GMH/ÍNDICE A-Z

478
1434novembro, 15

O bispo don Diego afora a perpetuidade a Pedro Calveiro, vasalo seu, morador no couto de Barbadás, e á súa muller Elvira Fernández, unha leira de viña co seu monte por sexta do viño e composta, coa condición de poñer cavadura de quince homes en cinco anos, así como un lugar cunha casa por quinta de viño e composta e 9 mrs. de dereitura. (fols. 143-144)

Carta de Pero Calbeyro e de sua moller.
Feita e dada nota enno libro manual.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como nos don Diego, porla graça de deus et da santa igleia de Roma obispo d’Ourense, damos et outorgamos, aforamos a vos Pero Calbeyro noso vasallo, morador enno noso couto de Barbadaas que sondes presente et a vosa moller Elvyra Fernandes filla que foy de Joan do Muyño que eso meesmo he presente que anbos sondes presentes et a todas vosas voses para senpre. Conben a saber que vos aforamos huna leyra de viña que esta açerqa do dito lugar de Barbadaas onde chaman o Soutovello, con o monte que esta a sobre la dita viña, como demarqa da huna das partes a dita viña con outra viña de Nuno Yanes d’Ermiinde et da outra parte topa enno camiño por que van d’Ourense para Ventrases et en fondo topa enna dita viña do dito Nuno Yanes et en çima fere enno monte, por tal condiçon que façades do dito monte cabadura de quinse ommes \ata çinqo annos primeiros sigentes/ et fa por tal condiçon que labredes e paredes ben a dita leyra de viña con o dito monte e viña que en el feserdes, et façades foro de sesta de todo o viño e conposta que deus en ela a to der. Iten vos afora\mos/ mays para senpre o lugar de Çima de Vyla, que soya teer Fernan do Muyño, aboo que foy de min a dita Elvira Fernandes, o qual dito lugar foy de Afonso Coutiño, e mays vos aforamos huna casa que esta enno dito (fol. 143)

curral a maao contra fondo, que parte con outra casa en que soya de morar o dito Fernando do Muyno meu aboo, os quaes beens e viñas e lugar e casas perteesçen \a nos/ e son da nosa mesa obispal et os quaes vos e a dita vosa moller moller de vos o dito Pero Calbeyro ja dante tinades e tragiades a jur et a maao et agora pedistes nos que vos fesesemos foro de novamente a vos et ao dito voso marido, por quanto consentistes que o queriades con vosco poer enno foro dos ditos beens, et por ende aforamos vos o dito lugar con todas suas casas et viñas e herdades e arvores e soutos et cortinas e jures et perteesças por hu quer que os aja etç. por tal condiçon que apostedes et reparedes as casas do dito lugar e a dita casa e labredes et paredes ben as ditas viñas e herdades et arvores et cortiñas do dito lugar en tal maneira como non desfalesca por mingoa de lavor et de boon paramento et diedes ende de foro en cada hun anno vos e vosas voses a nos e aos obispos que despoys foren enna dita nosa igleia de foro de qynta quinta de todo o viño et conposta que deus y der ennas viñas do dito lugar, a qual novidade colleredes por ollo de noso moyordomo, ao qual probeeredes de comer et de beber cumunalmente en quanto collerdes (fol. 143v)

a dita novidade e daredes a conposta enna viña et o viño branco enno lagar, et daredes mays por dereytura en cada huun anno por cada día de san martiño de mes de novenbro por dereytura nove mrs. de dños. brancos de dez dños. cada moravedi ou a estimaçon delles enna moeda que porlo tenpo correr et do al, de disemo a deus, ajades o dito lugar e casas e viñas e cortiñas con a dita viña e monte de (- - -) livres et quites de todo outro trebuto, çenso et encarrego alguun et se quiserdes vender, deytar ou supyño[ra]r ou traspasar o dito lugar et viñas et casas e cortiñas ou parte delas, que primeiramente frontedes a nos etç. et non faredes manda nen oniversario nen foro nen sobre foro nen poredes penson nehuna a outra igleia nen mosteiro nen persona nen santuario alguun salvo a dita nosa mesa obispal et seredes serbente e obediente e se contra elo pasardes que percades por elo o dito foro etç. et se pleyto ou contenda recreçer que sejan tomados dous ommes boons benefiçiados do cabido da dita nosa igleia etç. et obrigamos os beens da dita nosa mesa obispal etç. et nos o dito Pero Calbeyro et (- - -) que anbos a dous somos presentes asy o outorgamos etç. et obrigamos de faser os ditos foros etç. Penna quñentos mrs. etç. Tests. Pero Carneiro coengo enna igleia d’Ourense, Joan dOrtega mestre escola enna dita igleia, Joan de Vobeda. Feita XV dias de novenbro do dito anno. (fol. 144)