GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1103
1456, abril, 9. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Lope García, cóengo, e a dúas voces as propiedades dos aniversarios en Santa María Madalena de Recatelo por renda anual de 60 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 45 v.
   

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos o cabildo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo por son de canpana tanguda, segundo abemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia acerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçesores, avido primeyramente noso acordo et consello, damos aforo et avervo a vos Lopo Garçia, canonigo da dita iglesia, que sodes presente et a duas personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento et outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, et non sendo nomeada por vos ou por la dita persona que por vos for nomeada persona alguna que seia aquela persona que herdar vosos vees ou a mayor parte deles, et eso meesmo da persona que por vos for nomeada. Conben a saber todas las herdades et cortynas, que son dos anibersarios da dita iglesia de Lugo et lles perteesçen et a nos por nome deles, a montes et a fontes por donde quer que van, que soon sitos et locados en a fiigresia et su o signo de Santa Maria Magdalena de Recatello con todas suas dereyturas et pertenenças, segundo ellas a nos perteesçen et a os ditos aniversarios, et segundo as de nos tebo et usou en foro Roy Ferrnandes Ferrete, vesino que foy et morador desta çiudade de Lugo, et a tal pleyto et condiçon que vos, o dito Lopo Garçia, et as ditas personas tenades ben labradas et en boo paramento as ditas herdades et cortynas, et dedes delas de foro vos et as ditas personas en cada un ano, a o rendeyro et colledor das rendas dos ditos aniversarios, ou a quen noso poder ouber, sesenta maravedis de moneda vella de longos por dia de San Martino de nobenbre en a moneda que se pagaren as outras rendas dos ditos anibersarios postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo, et con condiçon que cada huna das ditas personas que suçederen en o dito foro despoys de vos seia tyuda et obligada de ser viir mostrar seer foreyra do dito foro a nos, o dito cabildo, do dia que en el suçeder por foreyra fasta treynta dias primeyros logo seguentes so pena que se o asi non feser por ese meesmo feyto perda o dito foro, et con condiçon que se sobre este foro recresçer preyto alguno entre vos et outra qualquer persona que se [...] dereyto a el que o sigades a vosa custa et expenssas et non as nosas; et a finamiento da postremeyra persona que suçeder en o dito foro que as ditas herdades et cortynas fiquen ben paradas et libres et desenbargadas a nos, o dito cabildo, et a os anibersarios, cuias son, con todos los bos paramentos que en ellas foren feytos.

Et eu o dito Lopo Garçia, canonigo que presente soo, asy resçebo o dito foro das ditas herdades et cortynas de vos, o dito cabilldo, segundo et en a maneyra que dita he, para mi et para as ditas personas et con as condiçoes sobreditas, et obligo a mi et a meus bees et das ditas personas que suçederen en o dito foro de teer et conplir et pagar todo ho susodito segundo et en a maneira que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabildo, asy vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro anbas en hun thenor por lo notario a iuso escripto huna para vos, o dito Lopo Garçia, et vosas personas et outra para nos, o dito cabildo, et por mayor firmesa mandamos seelar con noso seelo pendente a carta de vos o dito Lopo Garçia.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia esta feyra, a nobe dias do mes de abril, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinqueenta et seys anos.

Testigos que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; et Gonçalvo Peres de Carvalido, arçediano de Sarrea; et Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; et Rodrigo Afonso, Gomes Vasques, Johan Vidal, Juan Ares, Diego Vasques, Rodrigo Afonso das Camoyras, et Pedro Mendes, canonigos da dita iglesia de Lugo et capitulantes.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çiudade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, [...] esta carta de foro das notas et registros de Pedro Afonso, notario publico que foy da dita çiudade et obispado de Lugo et notario dos abtos capitulares do cabidoo da dita iglesia de Lugo, que a todo esto foy presente con as ditas testemoyas, et por ende a fige escripvir por outro seendo ocupado de outros negoçios a puje en esta publica forma, as quaes notas et registro [...] me foron dadas por lo provisor et vicario [...] en publica forma et dese signadas de meu signo a aquelas personas que as quisesen [...] mandou que valuese et fesese fe onde quer que paresçese en juisio et foro del asy como [...] sinadas do signo do dito Pedro Afonso et interpuso a elo sua abtoridade et decreto, et aqui puje meu nome et signal acustumados con o seelo do dito cabidoo en testemoyo de verdade rogado et requerido.