GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1124
1458, xullo, 7 venres. Lugo

O Cabido de Lugo afora a Pedro López e tres voces diversas leiras nos arredores da cidade, que tiña súa nai, por renda anual de dez marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 11 v.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. f. 11 v.


   

Saban quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabilldo por son de canpana tangida dentro en a dita iglesia açerca da porta dos orgoos della, os que quisemos et podemos seer presentes, segundo que avemos de uso et de costume, veendo et entendendo que he noso proveyto et de nosos suçesores por quanto agora en noso cabilldo Aldara Afonso de Gontiris, que presente esta, demeteu en nosas maaos et poder hun foro das herdades et leyras a iuso contiudas de que ela era a postrimeyra persona, as quaes son da dita iglesia et da renda dos aniversarios della, et son estas que se siguen: primeyramente hun leyro dito da Madanela en a agra de Pardinas que leva duas teegas et media semente, et outro leyro en a dita agra da Coba de Panillo que he media fanega semente, et outros dous leyros [...]forta de Perdimes, et outro sobre la cortyna que foy de Roy de Roy (sic) de Castro que levan anbos media fanega semente. Item mays a cortyna das Abelaayras outro leyro su a fonte de San Pedro que leva media fanega, et outro leyro sobre lo moyno da Regoa que leva duas teegas et media, et outro leyro en a agra de Queynoos que leva duas teegas, et outro leyro en a dita agra que leva hu[...] a os Veesteyros. Item mays outro leyro en a dita agra de Fontaynas que ias cabo do camino que vay que vay (sic) de Porta N[ova] para a Chanca, et outro leyro en a dita agra a a Torre do Gato que levaran anbos media fanega semente, segundo que son sitos en os ditos lugares arredor desta çiudade. Os quaes ditos leyros et terreos de herdade asi vacos, ou en outra qualquer maneyra, con todas suas entradas et saydas et jures et pertenenças nos, as ditas personas et benefiçiados da dita iglesia, damos et outorgamos aforo et avervo et a çenso a vos Pedro Lopes de Foriis, que presente estades, fillo da dita Aldara Afonso, por vosa vida et de outras tres personas despoys bos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a o tempo de voso finamento, et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos beens de dereyto, et asi as outras duas personas hun por la outra [...] nomeadas ou herdeyras de seus beens; a tal pleito et condiçon que vos et as ditas personas labredes et paredes ben as ditas herdades como se non pergan con mingoa de laborio et boo paramento, et diades de cada ano de foro et çenso vos et as ditas personas a nos et a nosos suçesores et a o moordomo dos aniversarios da dita iglesia fasta dia de San Martino de nobenbro des maravedis vellos de curtos, de des dineyros o maravedi, et que cada et quando que as ditas personas ou alguna delas suçeder en o dito foro seia tiudo et obligado do dia que asi en el suçeder fasta triinta dias segentes de viir mostrar et notificar a o dito cabilldo como he persona do dito foro, sub pena de o perder se o asi non feser.

Et eu, o dito Pedro Lopes, por min et por las ditas personas asi reçebo de bos o dito foro et me obligo a min et a meus beens et das ditas minas personas, asi mobeles como rayses, avidos et por aver de o teermos et complirmos et atendermos et pagarmos todo asi.

Et nos, as ditas personas do dito cabilldo et benefiçiados del, asi vos lo outorgamos et nos obligamos de vos lo defender et vos lo faser saao et de pas a dereyto a todo tempo, en testemoyo do qual nos as ditas partes outorgamos delo duas cartas de foro feytas en hun tenor por lo notario iuso escripto huna para vos, o dito Pedro Lopes, et vosas personas et outra para nos, o dito cabildo, et a vosa que seia seelada con o seelo do dito cabilldo et as de signadas de seu signo as veses que complir.

Que foy feyto et outorgado en o dito lugar de cabilldo, dia vernes, sete dias do mes de julio, ano do naçimento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinqueenta et oyto anos.

Testigos que foron presentes et outorgantes: Afonso Martiis de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; et Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Gomes Vasques, Juan Ares, Diego Ferrnandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Juan de Parrega, canonigos et outros.

Et eu Pedro Menendes de Foriis, canonigo en a dita iglesia, notario publico por las autoridades apostolical et ordinaria, a todo o que suso dito he en hun con os ditos testigos et capitulantes presente foy et esta carta de foro aqui por mina mao escripvi et en ela puje meu signo et nome acostumado que tal he en testemoyo de verdade rogado et requerido.

Petrus Menendi, notarius.