GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1201
1471, marzo, 2. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalle en pensión perpetua ó racioneiro, Pedro Fernández, un terreo edificable na freguesía de San Pedro de Lugo, por renda anual de tres marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 43 v.

Sepan quantos esta carta viren como nos o cabildo da iglesia de Lugo sendo juntados en noso cabildo por son de canpaa tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a Capela do thesouro da dita iglesia, avido primeyramente acordo et madura deliberaçion, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçesores, damos a pension et por nome de pension a vos Pedro Fernandes das Camoyras, raçoeyro en a dita iglesia, resçebente por vos et por vosos herdeyros et suçesores, huna nosa plaça de casa, que he dos aniversarios da dita iglesia, que ias junta da huna parte con a casa de Fernan Dias das Camoyras, voso padre, et abayxo da Carniçaria sub o signo da Capela de San Pedro en a dita ciudade de Lugo, et da outra parte ias en par cabo da outra plaça de casa de Rodrigo Afonso, correyro, et de suas yrmaas; a qual dita plaça de casa vos damos a pension, segundo dito he, por jur de herdade para senple con todos seus dereytos, jures et pertenençias, entradas et saydas et usos, que ha et deve aver de dereyto et de feyto, de maneyra que vos et os que decenderen de vos posades aver et teer [...] a dita plaça et casa se en ela for feyta, et faser dela et en ela o que quiseerdes ben asi como de vosa cousa propia, salvo que a non posades dar, nen bender a iglesia, nen a monesterio, nen a outro lugar religioso salvo a a dita iglesia de Lugo; et se a quiseerdes bender vos ou vosos suçesores, que suçederen en o dereyto dela, a outra persona et personas que o façades ou façan a saber a nos, o dito cabildo, ou a nosos suçesores primeyramente, donde a avedes resçebido, et se o dito cabilldo quiseer dar por ela como outro que seiades et seian tiudos de la dar. A qual dita plaça vos damos et outorgamos a pension, como dito he, a tal pleyto et condiçon que dedes vos et os ditos vosos suçesores en pension, en cada hun ano, a o rendeyro et coledor dos ditos aniversarios tres maravedis vellos desta moeda de noso senor el Rey, que des dineyros fasen (sic), postos en pas et en salvo en esta dita çiudade por dia de San Martino de nobenbre, et çesando de pagar a dita pension por tres anos vos ou os ditos vosos suçesores, que suçederen en o dereyto da dita plaça, que por ese mesmo feyto pergades et pergan o dereyto que avedes et ouberen a ela et se torne a o dito cabilldo et a nosos suçesores con tos los boos paramentos que en ela foren feytos.

Et eu, o dito Pedro Ferrnandes, que presente estou asi reçebo de vos, o dito cabildo, a dita plaça para mi et para os ditos meus suçesores et herdeyros, et obligo a mi et a meus bees et deles de conplir et gardar todo o sobredito.

Et nos, o dito cabilldo, asi vos lo octorgamos, et porque seia çerto octorgamos et mandamos delo faser duas cartas anbas en un thenor por lo notario juso escripto huna para vos, o dito Pedro Ferrnandes, et outra para nos, o dito cabilldo, et a vosa mandamos selar con o sello do dito cabilldo.

Que foy feyta et octorgada en a çiudade de Lugo, a dous dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et setenta et hun anos.

Testigos que foron presentes: Johan Afonso, et Alvaro Dias de Lama, arçediano de Sarea, et Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Gonçalvo Fernandes de Parga, thesoreyro; et Diego Vasques, et Juan Ares de Parga, et Simon Alvares, et Pedro Ferrnandes de Mera, et Ruy [...], et Afonso Martiins de Galdo, et Gomes Ares, canonigos da dita iglesia, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Gayoso, clerigo da çiudade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos et capitulantes presente foy este publico instrumento de çenso et penson, segundo ante mi pasou et foy outorgado por las ditas partes, seendo ocupado de outros negoçios por outro en mina presençia fis escripvir et en meu registro et protocolo ho sentey, et por ende fis aqui estes meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.