GMH/ÍNDICE A-Z

4
1433, abril, 6

Gonçalvo do Carballal, morador no couto de Marín, estando pobre e sen poder traballar, traspasa a Fernando de Novegilde, labrador, morador no dito couto, unha herdade e bacelo que tiña aforados de Ares García de Rajoo, mercader de Pontevedra, nas mesmas condicións en que él os tiña.

(f. 4)

Seyss dias do mes de abril. Sabean todos que eu, Gonçalvo do Carvallal do Bellardo, morador ẽno lugar que disen a Pena, que he ẽno couto de Marin, que soo presente, et que faço por min et por todas mias boses, quero et outorgo que por quanto eu teño aforado de Ares Garçia de Rajoo, mercader, bisino da villa de Pontevedra, a herdade et baçelo que en el esta, que disen de Paaços, o qual jas junto con o rio et moyno de Paaços con todos seus resios et arvores por çerto tenpo segundo que mellor et mas evidentemente esta por foro feito por este notario ajuso scripto. Et eu agora estou pobre et teño outros muytos lavores de labrar por maneira que non poso labrar o dito baçelo por la via que soo obligado et se conten no dito foro, et vos Fernando de Novegilde, lavrador, morador ẽno dito couto, que sodes presente, que fasedes por vos et por vosa moller Costança Gonçalves et por vosas bozes et suas, sodes rico et abonado et tal persona que lavraredes et procuraredes o dito baçelo et herdade de todos los lavores que ouver mester en maneira que se non perga por mingoa de lavorio, segundo que pagaredes et daredes et faredes ao dito Ares Garçia o foro do biño e a penson e foro que lle eu soo obligado de dar et pagar. Por ende eu poño et traspaso en vos o dito Fernando de Novegilde et ẽna dita vosa moller et vosas vozes a dita herdade et baçelo con seus resios et arvores que asi teño aforado do dito Ares Garçia por lo tenpo et preço et contia et segundo et por la via que o eu asi teño aforado do dito Ares Garçia et se contover et fose contiudo ẽno estromento de foro delo a el feito para que desde aqui endeante pagedes ao dito Ares Garçia et suas vozes o dito foro e penson da dita herdade et baçelo, segundo que eu era tiudo de llo pagar et eso mesmo que o lavredes et procuraredes de todos los lavores que ouver mester segundo que eu era obligado en maneira que me quitedes delo a pas et a salvo a min et meus bees por senpre. Et eu o dito Fernando de Novegilde que asi soo presente et que faço por min et por la dita mĩa moller et nosas vozes asi resçebo et outorgo o dito traspasamento de aforamento por la via et maneira suso scripta. Et esto todo, como dito he, deve de ser conprido et aguardado ontre nos, as ditas partes a boa fe de Deus et sen mao engano. Et por nos et por todos nosos bẽes que a elo obligamos et so pena de mil mrs. que peite a parte de nos que o asi non tever et conprir a outra parte ou partes de nos que o asi toveren et conpriren e agardaren et a pena etc. todavia etc. Testemoyas: Fernando Afonso de Vascoes et Ruy Gago de Marin et Lourenço de Vilanova et Juan da Riba, moradores ẽno dito couto de Marin et outros.