GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

65
1309, setembro, 11
venda

Abril Tomé e a súa muller, Tareixa Estévez, véndenlles a Salvador Domínguez e á súa muller, Esteveíña Fernández, unha leira de herdade na vila de Guillamil e outra máis no lugar de Chao, por 80 mrs. de moeda portuguesa.



ACOu, Escrituras XXI, 92


Era de mill e cccxlvii anos, xi dias de setembro. Sabian quantos esta carta viren como eu Abril Tome en senbra con mina moller Tereyia Estevez vendemos a vos Salvador Dominguez e a vossa moller Esteveyña Fernandez una leyra derdade enna villa de Gillemir en lugar que dizen Carreyra Cova que iaz a par da de Domingo Vasquez e da de Johan Dominguez o clerigo e da outra parte a carreyra e entesta na carreira sobredita, e outra leyra en lugar que dizen Chao que entesta no rego e vay ferir en outra vossa e da una parte iaz a leyra de Estevoon Perez o grande e da outra parte a de Estevoon Perez o amo e o liñar do Çerdedo, que entesta enno rego e iaz a par da de Johan Dominguez e da outra parte a de Estevoon Perez o amo, con entradas, con seydas, con todos seus jures e con todos seus dereytos por u quer que os aian e o deva a aver, que as aiades vos e toda vossa voz depus vos por senpre de jur e por herdade, por oyteenta mor. desta moeda portugeesa de que contan xvi pares de diñeiros por tres mor. que de vos reçebemos que tanto a nos e a vos aplougo e de que nos outorgamos que somos ia ben pagados e outorgamos anparar e deffender vos con estas leyras sobreditas por nos e por todas nossas boas tan ben de por aquelles cuias estas leyras foron como doutre quen quer que volas queyra demandar ou enbargar, e quen contra esta nossa venda e vossa conpra veer quanto demandar peyteo a vos dobrado e peyte aa voz del rey clx mor. e a venda fique firme e estavil e valla para senpre. Tests. que presentes foron don Johan Perez e Pay Perez coengos de Junqueyra, Fernando Eanes mercador, Johan Silvela, Pero Martinez de Savariz.

Et eu Estevoon Martinez notario jurado publico del rey en Limia e notario en Allariz do inffante don Felippe a escrivi e presente foy e meu signo y fiz.

(sinal)