GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

35

1417, abril, 2.
Fernan Aras Xarpa, alcalde, declara ter recibido dos procuradores do Concello 1.600 maravedís dos marcos do Rei e que el tiña por mercede súa en 1416.
O Concello ordena o pagamento de 1.200 maravedís do xantar do Adiantado de Galicia Fernández de Soutomayor ó seu escudeiro Nuño González Vilariño e este terá que entregalo a Fernán Rodríguez da Trinidade.
O Concello ordena que tomen en conta os 48 maravedís que o procurador dera ós besteiros que foron por guía cos maravedís do Rei.

Dous dias do mes de abril. Sabean todos como eu Fernan Aras Xarpa, alcallde da çidade de Santiago, connosco et outorgo que reçebi de vos Bernald Yanes do Camino et Gil Peres, procuradores do conçello da dita çidade de Santiago mill et seisçentos maravedis (de moeda vella) contando blanca a III dineiros, os quaes me pagastes en nome do conçello da dita çibdade que os devia a nosso señor el rey dos marquos que o dito señor rey ha en cada ũu anno enna dita çidade, os quaes maravedis eu del teño en merçed en cada hũu et os quaes maravedis que me asi pagastes son do anno pasado de I mill CCCCXVI annos et os quaes me foron librados enno (roto de + -14 espacios) por Fernan Gonçalves de Oviedo, recabdador do arçobispado de Santiago con obispado de Tuy por Diego Fernandes (roto de + -14 espacios) do dito señor rey enno dito arçobispado et obispado o ditto anno segundo que se conten en hũa carta de libramento que o dito Fernan Gonçalves (de Oviedo) (roto) rason a qual eu dey et entregey a vos os ditos procuradores por quanto vos por vigor dela me fesestes (roto + -14 espacios) dos quaes maravedis me outtorgo por entrego et ben pagado et renunçio a toda exençon que nunca ende diga o contrario (roto) apaga deve sẽer feita vista et reçebida en presença do notario et testemoyas et por ende dou por quito et libre doje este dia  para senpre ao dito conçello et a vos os ditos seus procuradores en seu nome dos ditos maravedis por quanto vos os sobreditos  todos os ditos maravedis entregamente cada ũu a medade. Et nos os ditos Bernald Yanes et Gil Peres asi o reçebemos. Testemoyas que a esto foron presentes: Martin Serpe et Afonso Fernandes Abril et Alvaro Afonso Juliate jurados da dita çibdade.
Predito. Sabean todos que seendo juntados en consistorio enna notaria de min Rui Martines, notario publico da çidade de Santiago, segundo que han de custume Fernan Aras Xarpa et Pero Eanes Abraldes, alcaldes et Martin Serpe, Fernan Gonçales do Preguntoiro, Alvaro Afonso Juliate, Afonso Fernandes Abril et Juan Aras da Cana, jurados et regidores enna dita çidade et en presença de min o dito Rui Martines, notario et das testemoyas adeante scriptos, enton os sobreditos alcaldes et regidores diseron que por quanto Garçia Fernandes Sarmento endeantado Mayor de Galisa lles enviara rogar por sua carta que recudisen et fesesen recudir a Nuno Gonçales de Vilariño seu scudeiro con os mill et dusentos moravedis, branqua en çinquo dineiros que el o dito Endeantado tiiña en merçed en cada ũu anno de noso señor el rey do jantar que o dito señor rey ha de aver en cada hũu anno enna dita çidad, porque sua voontade era que tevese del en merçed o dito Nuno Gonçales os ditos mill et dusentos moravedis, et agora o dito Nuno Gonçales lles enviara rogar que fesesen dar et pagar os ditos moravedis que avya d’aver este anno a Fernan Rodriges da Triindade, viziño da dita çidade et dandollos que el se outorgava deles por pago, segundo que mais conpridaves, era contiudo enna dita carta do dito Nuno Gonçalves firmada de seu nome et de notario publico, por ende que eles os ditos alcaldes jurados et regidores, mandavan et mandaron a Gil Peres, procurador do conçello da dita çidade que presente estava que de quaesquer moravedis que por lo dito conçello avia reçebidos ou reçebese que dese et pagase a o dito Fernan Rodriges para o dito Nuno Gonçalves os ditos mill et dusientos moravedis da dita moeda branqua en çinquo dineiros et que reçebese en sy a dita carta do dito Nuno Gonçales et carta de pago do dito Fernan Rodriges et con elas et con este mandamento lle seerian reçebidos en conta os ditos mill et dusientos moravedis. Testemoyas: Martin das Figeiras, bachiller en decretos, alcalde mayor del noso señor o arçobispo de Santiago et Bernald Yanes do Camino, procurador do dito conçello et Juan Peres deseedor et Afonso Peres scripvan et Domingo Longo et Fernan Beeites, serventes do dito conçello.
Predito. Os sobreditos mandaron que fosen recebidos en conta a o dito Gil Peres os quoreenta et oyto moravedis, branqua en tres dineiros que avya dado aos beesteiros que foron por gia con os moravedis de noso señor el rey que levou Rui Gonçales da Costanilla. Testemoyas os sobreditos.