GMH/ÍNDICE A-Z

359
1337, xuño, 20. Lugo

O Cabido de Lugo arréndalle a Afonso Eanes, racioneiro, como procurador de Arias Fernández e a súa muller, unha porción de casa no Burgo Novo por 15 libras anuais.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 16r.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Affonso Eanes, raçoeyro de Lugo, procurador d’Aras Fernandes de Burgo Novo, por huna procuraçon feyta por Ruy Fernandes, notario de Lugo, en nome do dito Aras Fernandes, et eu Mayor Affoso, muller do dito Aras Fernandes por min, arrendamos de vos don Fernando Aras, dayam, et do cabidoo da iglesia de Lugo, por en todos los dias de min Mayor Affonso et do dito Aras Fernandes, huna casa minos a oytava que he enna rua de Burgo Novo, que foy de Clara Martines, enna qual casa ora mora Affonso Minino, piliteyro, que esta da huna parte cabo a casa en que mora Ruy Peres Leyçon, et da outra parte a casa en que mora Domingo Eanes, piliteyro, con seu seydo et con seu poço et con suas dereyturas.

Et arrendamos de vos mays a terça parte de huna casa que he enna rua de Vermun Sanches, sub a capella de Santiago, enna qual casa ora mora Fernado Domingues, freeyro, et con duas leyras d’erdade; huna destas leyras ias dentro na villa de Lugo en dereyto a torre de Milmanda, et fere de testa no muro et no camino que vay da Porta Mina para o Carvalal et fere cabo outra leyra de Françisco Martines et d’Afonso Eanes da rua Minaa; et a outra leyra he aquela que iaz da Chanca contra Castello, que he duas teegas sementadura, sub a dita capella, et fere no Camino Françes, et da outra parte enno [...] chanca et partese con Françisco Martines et con Affonso Eanes. As quaes casas et leyras sobreditas foron de Clara Martines, que nos deu en escambea por la casa et cortina de Burgo Novo, que suya teer Pedro Ferrnandes, clerigo. Et o dito Aras Fernandes et eu Mayor Affonso avemos a manteer as casas et leyras sobreditas en boo estado et adubarlas por nosa custa, et dar cada anno en renda, a o dito cabidoo ou a aquelles que por elles teveren os aniversarios en pas et en salvo enna villa de Lugo, quinçe libras d’esta moneda del rey don Affonso, que façen XXVIIe dineiros novees minos terça dun cada libra, et pagar estos dineiros cada anno a meatade por San Iohan Bautista et a outra meatade por dia de Natal.

Et eu, o dito Affonso Eanes, por nome do sobredito Aras Fernandes pe-llo poder que aio del por la dita procuraçon, obligo os seus bees, et eu Mayor Affonso por min obligo meus bees para comprir et pagar cada anno as ditas libras a os praços sobreditos segundo dito he, et para leyxar as casas et leyras sobreditas, a finamento do dito Aras Fernandes et de min Mayor Affonso, livres et quitas a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et nos, dayam et cabidoo sobreditos, con outorgamento dos coengos d’aniversario, que estan presentes, outorgamos esta renda das casas et leyras sobreditas a vos, Affonso Eanes por nome d’Aras Fernandes et a vos Mayor Affonso, que estades presente, et prometemos de non viir contra ella en nenhuna maneyra. Et por que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos a Ruy Fernandes, notario publico de Lugo, que feçese desto duas cartas en hun tenor, huna que posese no livro do cabidoo et outra que dese a os ditos Aras Fernandes et Mayor Affonso.

Que foy feyta en Lugo ennas casas do dito dayam XX dias de iunyo era de mill et CCC LXXVº annos.

Testemoyas que foron presentes: don Alvar Dias, arçidiago de Sarria; don Pedro Iacome, iuys de Lugo; Andres Peres, Iohan Fernandes, Vaasco Dias, Vaasco Rodrigues, Pedro Aras, Affonso Gomes, coengos de Lugo; et Françisco Guillelmes, Domingo Eanes, Iohan Dias, Gomes Fernandes, Pedro Fernandes, Aras Peres de Castro, clerigos do choro de Lugo; Affonso Aras das Cortinas; Ruy Fernandes, yrmao d’Aras Fernandes; Gomes [...], escudeyro ts.

Et eu Ruy Fernandes, notario sobredito dado por auctoridade do bispo dese miismo lugar, a esto commo dito he connas testimunias sobreditas chamado et rogado presente foy et por rogo das partes sobreditas esta carta escrivi en este livro et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.