GMH/ÍNDICE A-Z

694
1368, novembro, 5. Lugo
O notario Pedro Fernández doa aos aniversarios de Lugo as súas propiedades en Fafián e Gundín, freguesías de Santalla de Mazoi e Santo Estevo de Benade.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 158r.

Item deu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario, a os aniverssarios da iglesia de Lugo, todos los erdamentos et casas, bees rayses que lle a el perteesçian en Faffian et sub o sino de Santa Alla de Masoy, asy por sy commo sua tia, Aldara Ares, et tanben deu para os ditos aniverssarios todas las erdades, bees rayses que lle perteessçen en Gondin et en toda a figresia de Santo Estevo de Benade, por seu tio, Fernando Peres de Gondin. Et por estes sobreditos bees o cabidoo da iglesia de Lugo ha de diser por sua alma et de aquelles a que el obligado et por que deu os ditos bees, dous aniversarios, cada ano, hun \aniversario/ en outro dia da Treyndade, et ho outro a terçeyro dia por Santa Maria d’agosto. Et el et suas boses que den por cada aniversario quinse maravedis longos. Pedro Ferrnandes notario.