GMH/ÍNDICE A-Z

518
1348, novembro, 15. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo arréndanlle ao arcediago de Sarria, García Díaz, a administración de marzo e reducen a renda respecto á do seu antecesor no devandito cargo.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 59v.

Era de mill et CCC LXXXª et seys annos, quinse dias de novembre. Seendo don Diego Fernandes, dayam, et o cabidoo da Lugo, iuntados por campaya taniuda eno thessouro desa iglesia, arrendaron a don Garçia Dias, arçidiago de Sarria, deste San Iohan Babtista que ora pasou endeante por en seus dias, a amiistraçon do mes de março con suas pertenenças et dereyturas, segundo que a Iohan Gonçalves tinna arrendada por minus treçentos moravedis cada anno ca a el tinna arrendada, et anlle a descontar estes treçentos moravedis cada anno dos terços que ha de dar por esta amiistraçon, et o arçidiago non deve a demandar relaxaçon da dita renda salvo por casso superveniente se acaesçer por que lle devan faser relaxaçon ca lle relaxaron, cada anno, os ditos treçentos moravedis da dita amiistraçon por la pestilençia que ora acaesçeu na terra. Et o arçidiago sobredito reçebeu a dita renda et amistraçon, et obligou seus bees para pagar, et demays deu por fiadores: don Diego Fernandes, dayan, et Vaasco Peres de Rodeyro, coengo, cada hun por lo todo, elles presentes et outorgantes.

Testemoyas: don Fernando de Deus, chantres; don Alvar Dias, arçidiago de Neyra; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; meestrescola; o iuys; o thesoreyro [...] Galvan; Iohan Dias, Iohan Fernandes, coengos de Lugo.

Et eu Fernando Garçia, notario publico del rey en Lugo, foy pressente et scripvi esta carta et puge y meu sinal.