GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1006
1426, xuño, 9. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Nuno Fernández e a dúas voces o lugar de Romariz no couto de San Salvador de Meixide, por renda anual de dez marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 152 r.
       

Saban todos como nos as persoas, coengos et benefiçiados do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por canpaa tangida dentro en o coro da dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume, et de outorgamento de Lopo Fernandes, coengo, rendeyro dos aniversarios, que esta presente, damos aforo et avervo a vos Nuno Ferrnandes de Berbetouros et a outras duas persoas depoys de vos, huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela persoa que vos nomeardes, o casal et lugar de Romaris que he dos ditos aniversarios et he en o couto de San Salvador de Meysite, que soya teer Afonso Eanes do Pineyro, o qual vos aforamos con todas suas erdades et casas et arvores et formaes et bees rayzes, segundo perteesçen a o dito lugar, a a tal pleyto et condiçon que vos façades lavrar et parar ben as erdades do dito lugar et tenades as casas del feytas et cubertas et en boo paramento; et dedes del de foro cada ano des maravedis de moneda bella et de des dineyros novees cada moravedi et de longos, et que os paguedes en Lugo cada ano por dia de San Martino a o rendeyro dos ditos aniversarios; et con condiçon que a pustrimeyra persoa que suçeder en o dito foro seia tiuda de viir mostrar a o dito cabidoo como ficou et he persoa do dito foro do dito lugar do dia que en el suçeder por persoa ata trinta dias primeyros seguentes, et non no comprindo asy que por eso meesmo perga o dito foro.

Et eu, o dito Nuno Ferrnandes, que presente estou asy reçebo o dito foro por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obrigo meus bees et das ditas persoas de o comprirmos, pagarmos et atendermos segundo en esta carta se conten. Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos. Et que esto seia çerto nos as ditas partes mandamos a o notario iuso escripto que fezese desto duas cartas de foro feytas en hun tenor, et as signase de seu signal, et mandamos seelar a carta de vos, o dito Nuno Ferrnandes, con o seelo do dito cabidoo.

Que foy feyto et outorgado dentro en o coro da dita iglesia, nove dias do mes de junyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et seys anos.

Testemoyas que estavan presentes et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre; Pedro Ferrnandes de Tendilla, thesoreyro; Rodrigo Afonso, juys; Lopo Dias, mestrescola; Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, Juan Dias, Nuno Gonçalves, Ares Afonso, Afonso Rodrigues, coengos; Fernan Yanes et Afonso Rodrigues, raçoeyros.

Et eu Pedro Fernandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo, esta carta de foro fiz scripvir et en ela puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Fernandes, notario.