GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

959
1418, maio, 16. Lugo

Acordo entre os clérigos do arciprestado de Paradela e o Cabido de Lugo sobre o que han de pagar anualmente por dezmo, oitavo e luctuosa.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 130 v.- 131 r.; Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. A f. 130.

Ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et oyto anos, des et seys dias do mes de mayo.

Seendo o dean et chantres et persoas et coengos da iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo en seu cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por campaa tangida, segundo que an de uso et de custume, et avendo primeyramente avido seu consello et deliberaçon, estando y presente Gonçalvo Peres de Viville, arçipreste do arçiprestado de Paradela, por sy et por Gomes Peres, clerigo de Santa Maria de Francos, et Pedro Yanes, clerigo de San Pedro de Veran, et Pedro Rodrigues, clerigo de Vilamayor de Paradela, et Gomes Ferrnandes, clerigo de Santa Maria de Volano, et Lopo Afonso, clerigo de Sesmande, et Ares Ferrnandes, clerigo de San Martino de Castro, et Vasco Ferrnandes, clerigo de San Viçenço de Paradela, todos por sy et por todos los outros que con eles quiseron, [que y soon mo]radores en a amynistraçon do mes de agosto que e en terra de Paradela, et Juan [...], coengo en a dita iglesia de Lugo, amystrador do dito mes de agosto por sy et por / Afonso Ares de Lier, coengo en a dita iglesia de Lugo, de que diso que tina por seu companeyro et amystrador con el en a dita amystraçon, en presença de my o notario et testemoyas iuso escriptas enton o dito dean et chantre et persoas et coengos et benefiçiados do dito cabidoo, que en el estavan presentes, que de iuso seran nomeados, feseron elles et os clerigos sobreditos do dito arçiprestado de Paradela por sy et por seus suçesores tal avenença et compustura et contrauto en esta maneyra conven a saber: que por rason que os clerigos da dita amystraçon quando et cada hun delles morria et se pasava deste mundo para ho outro devia a loytosa et disimo et oytavo dos bees que ouver a o amystrador et outros dereytos de arçipreste et asy lles lo levan, que por rason de os sobreditos clerigos seeren quitos et relevados de tal loytosa et disimo et oytavo et dereyturas de arçipreste que estavan en custume de levar, que cada hun dese et pagase a os ditos Juan Yanes et Afonso Ares, coengos et amystradores da dita amystraçon, et a outros quaesquer amystradores que depoys deles viesen en a dita amystraçon por la dita iglesia de Lugo, de cada ano des maravedis de moneda vella et de longos, et que lles lo desen et pagasen con os outros maravedis das procuraçoes que devian de suas iglesias et benefiçios a os prasos et termynos en que os avian de pagar, et en a moneda en que se pagasen as procuraçoes de cada ano por lo disimo et oytavo, et por loytosa que dese et pagase cada hun delles quando se finase viinte et çinquo maravedis da moneda corrente, et por esto que quando elles morresen et algun delles que por rason do dito trebuto et moravedis que sobresy poyna de cada ano para llos pagar con as ditas procuraçoes non pagasen loytosa nen disimo nen oytavo nehun, nen lles fose demandado en nehuna maneyra por parte do dito cabidoo salvo esto de suso nomeado. Et o dean et cabidoo asy o outorgaron, et eso meesmo o dito Juan Yanes por sy et en nome do dito Afonso Ares, coengo, seu conpaneyro en a dita amistraçon. Et se alguna das ditas partes quisesen yr ou pasar contra este dito contrauto et contra ho en el conteudo diseron et outorgaron que lles non valuesse, nen fosen sobre elo oydos, en nehuna maneyra, nen en algun tempo en juyso nen fora del, mays que este dito contrauto et todo ho en el conteudo dereyturas de arçipreste valuese et fose firme et valioso entre elas por quanto entendian que era feyto en probeyto deles et de cada huuns delles. Et para esto teer et gardar et comprir et atender obligaron as ditas partes a sy et a todos seus bees, eclesiasticos et seglares, et mandaron a myn dito notario que fesese de todo esto en como pasava dous publicos instromentos hun para os sobreditos clerigos do dito arçiprestado de Paradela, et o outro que o lançase en o libro do dito cabidoo et os signase de meu signal, et por mayor firmedoe mandaron seelar a carta dos sobreditos clerigos con o seelo do dito cabidoo.

Foy feyto et outorgado dentro en o coro da dita iglesia de Lugo, era et dias et mes susoditos.

Testemoyas que estavan presentes et as persoas do dito cabidoo que outorgaron o que sobredito he: dom Juan Martines, deam de Lugo, vigario geeral da iglesia et obispado de Lugo vagante a see; et don Afonso Lopes, chantre; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; don Rodrigo Afonso, juys; Lopo Dias, mestrescola; Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro, Juan Yanes, Rodrigo Ares, Juan Lopes, Fernan Rodrigues, Fernan Peres, Juan Dias, procurador do dito cabidoo, et Afonso Martines, coengos; et Rodrigo Ares, chantre [de Santiago], Pedro Ferrnandes, Fernan Rodrigues, Afonso Rodrigues, Juan Fernandes, Roy Ferrnandes, [raçoeyros] da dita iglesia; et Rodrigo [...], signeyro; et Mestre Juan, porteyro do dito cabidoo; et Fernan Yanes, sancristan; et Fernan [...] et Afonso Peres Pallin, clerigos do coro da dita iglesia, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta et instromento fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.

Materias

selo; acordo; administración; administrador; arciprestado; arcipreste; beneficiado; beneficio; beneficio; cabido; campá; campaneiro; catedral; chantre; cóengo; coro; crego; deán; deán; décimos; dignidades; diocese; fisco; freguesía; Libro do Cabido; loitosa; marabedí; mesa capitular; mestrescola; notario; párroco; porteiro; procuración; procurador; provisor; racioneiro; sancristán; tributos; vacante; vigairo; xuíz; xurisdición; avinza

Persoas

Afonso Ares de Lier, cóengo de Lugo; Afonso López, chantre de Lugo; Afonso Martínez, cóengo de Lugo; Afonso Pérez Pallín, crego; Afonso Rodríguez, racioneiro de Lugo; Afonso Teixeiro, cóengo de Lugo; Ares Fernández, crego; Diego Álvarez, arcediago de Neira; Fernando Eáns, sancristán; Fernando Rodríguez das Camoiras, cóengo de Lugo; Fernando Rodríguez, racioneiro de Lugo; Gómez Fernández, crego; Gómez Pérez, crego; Lopo Afonso, crego; Lopo Díaz de Freixo, mestrescola; Lopo Fernández, cóengo de Lugo; Mestre Xoán, porteiro do cabido de Lugo; Pedro Eáns, crego; Pedro Fernández das Camoiras, racioneiro de Lugo; Pedro Fernández de Silvarrei, notario; Pedro Rodríguez, crego; Roi Afonso, xuíz de Lugo; Roi Ares, cóengo de Lugo; Roi Ares, chantre de Santiago de Compostela; Roi Fernández, racioneiro de Lugo; Vasco Fernández, crego; Xoán Díaz de Cordido, cóengo de Lugo; Xoán Eáns, cóengo de Lugo; Xoán Fernández, racioneiro de Lugo; Xoán López, cóengo de Lugo; Xoán Martínez, deán de Lugo; Gonzalo Pérez de Biville, arcipreste de Paradela

Outros

Lugo, bispado; Lugo, cabido; Santiago de Compostela, cabido; Lugo, diocese

Lugares

Barán, San Pedro; Biville; Bolaño, Santa Baia; Castro, San Martiño; Francos, Santa María; Lier; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Paradela, antiga xurisdición e arciprestado; Paradela, San Vicente; Santiago de Compostela; Sernande; Silvarrei; Vilamaior, Santa María