GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

34

1417, marzo, 30.
Alvaro de Mandayo, criado do arcebispo, declara ter recibido do procurador do Concello certa cantidade para entregar ó cóengo de Santiago e bacharel en decretos para proseguir na corte o preito contra os concellos de Pontedeume, Ferrol e Vilalba.

Triinta dias do mes de março. Sabean todos que eu Alvaro de Mandayo, criado de noso señor arçobispo de Santiago don Lope, connosco et outorgo que reçebi de vos Bernald Yanes do Camino, canbeador, procurador do conçello da çidade de Santiago des coroas d’ouro de conto et de peso do cuno del rey de França et mais viinte maravedis de moeda vella, contando blanca a III dineiros, as quaes coroas et maravedis me destes para que as dese a Diego Fernandes de Burgos, bachiller en decretos et coengo enna igllesia de Santiago a o qual vos enbiastes as ditas coroas et maravedis por mandado do conçello da dita çidade. O qual dito conçello llas mandou enbiar para prosegimento do pleito que o dito conçello ha en corte de nuestro señor el rey con os conçellos de Pontedeume, et Ferrol et Vilalva et as quaes coroas et maravedis eu dey a o dito Diego Fernandes por mandado de vos o dito Bernald Yanes, as quaes el reçebeu de min, segundo que se conten en hũa sua carta de conoçemento que del trouxo, a qual eu dey et entregey a vos o dito Bernald Yanes para vosa garda et porque esto he çerto outorgey esta carta de conosçemento ante o notario publico et testemoyas a juso scriptas. Feita a carta enna çidade de Santiago, anno dia et mes susoditos. Testemoyas que a esto foron presentes, Martin das Figaras, bachiller en decretos alcallde de noso señor o arçobispo et frey Gonçalvo do Roeiro fraire do mosteiro de San Domingo de Bonaval et Pero Alonso, criado de min notario a juso scripto.