GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1231
1474, marzo, 7. Lugo.
O vigairo lucense con poder do bispo, (inclúe carta de poder: 1473-III-3 Valladolid CD nº 1230), afora a Francisco de Cuartel e dúas voces o casal e lugar de Vilardón na freguesía de San Xullao de Bocamaos, por renda anual de cincuenta marabedís e outras obrigacións.

MADRID, AHN, Carp. 1333 C/12, perg. Orix., galego, cortesá, 335 x 405 mm.

Sabeam quantos esta carta de foro viren como eu Gomes Garcia de Goyoso, arçediano de Deçon en a iglesia de Lugo, provisor et vigario general en a dita iglesia et obispado de Lugo por lo senor don Garçia de Vaamonde, Obispo de Lugo, por vertude de un poder que do dito meu senor Obispo teno para o a juso contiudo, do qual dito poder o tenor he este que se sigue:

segue a continuación a carta de poder: 1473-III-3 Valladolid, (CD nº 1230).

et eu o dito arçediano et provisor veendo et entendendo que he prol et probeito do dito senor Obispo et de sua iglesia et mesa obispal et de seus subçesores, et por quanto o lugar et casar et herdades de Vilardoo sito en a fegresia et su o sino de San Julao de Bocamaos, que he do dito senor Obispo, des gran tempo et anos a esta parte joubo et jas en campo et en hermo [...] labrou nen labran et as casas del estan deribadas et desipadas et non rendeu ninguna cousa a o dito senor Obispo, et quando estava labrado et se labrava davan de foro del viinte maravedis a o dito senor Obispo, por ende por lo tenor da presente aforo et dou en foro a vos Françisco de Quartel, çapateiro, vesino et morador en esta çibdade de Lugo, que presente estades, et a outras duas personas depois de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento, et a outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos bees de dereito ou a mayor parte deles, et asi da outra persona. Coben a saber que vos aforo o dito lugar et casal de Vilardoo, que he do dito senor Obispo, sito en a dita fiiglesia de San Julao de Bocamaos con suas casas et herdades bravas et mansas, cortinas, agros, arbores et formaes, ortos, ayras et prados et pascos et monte et con todas las outras cousas a o dito lugar perteesçentes, a montes et a fontes, por onde quier que vaan su o dito sino a tal pleito et condiçon que vos, o dito Françisco de Quartel, de oje este dia da feita desta carta fasta tres anos primeiros seguentes saquedes de monte as herdades do dito lugar et façades et corregades as casas del, et que vos et as ditas duas persoas, que depois de vos suçederen en o dito foro, façades labrar et tenades ben labradas as ditas herdades et as casas feitas, cubertas et ben reparadas en maneira que se non pergan nen vaan a canpo et ermo por mingoa de laborio, reparo et boo paramento; et avedes de dar de foro a o dito senor Obispo et a aquel que por el ouver de coller et recadar et a seus suçesores, en cada un ano por cada dia de San Martino de novembre, çinqueenta maravedis de brancas de moeda corrente que se correr de mercador a mercador; et a finamento da postrimeira persona que o dito casal, casas et herdades et bees rayses et cousas a el perteesçentes fiquen livre et quito et desenbargado a o dito senor Obispo et sua iglesia et a seus suçesores con todos los boos paramentos que en el foren feitos; et con condiçon que cada huna das ditas personas, que asi suçederen en o dito foro, que do dia que en el suçeder por foreiro fasta trinta dias primeiros seguentes se vena mostrar et notificar a o dito senor Obispo, ou a seu provisor, en como he persona del, su pena que se o asi non feser que por ese mesmo feito perga o dito foro.

Et eu, o dito Françisco de Cartel, que presente soo por min et en nome das ditas duas personas depois de min asi reçebo este dito foro de vos, o dito arçediano et provisor, que me asi fasedes et outorgades por lo modo et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a todos meus bees, asi mobles como raises, avidos et por aver, et das ditas persoas de o comprirmos et pagarmos, segund et en a maneira que en esta carta de foro se conten.

Et eu, o dito vigario et provisor, que presente soo, asi vos lo fago et outorgo, et porque seia çerto outorgo delo duas cartas de foro, anbas en un tenor, huna para o dito senor Obispo et seus suçesores et outra para vos, o dito Françisco de Quartel, et vosas personas por ante o notario et testigos de juso scriptos.

Que foy feyta et outorgada en a çibdade de Lugo dentro en os paçeos do dito senor Obispo, a sete dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et quatro anos.

Testigos que foron presentes: Roy do Campo, et Fernando Dourado, criados et familiares do dito provisor; et Afonso Dias de Alveyros, morador en Alveyros que he çerca da dita çibdade de Lugo; et Juan de Lugo, criado do dito provisor.

Et eu Pedro Fernandes de Agrelo, notario publico da dita çibdade et obispado de Lugo por la abtoridde do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que sobredito he en un con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro, segundo por ante min pasou et foy feyto et outorgado por lo dito Gomes Garçia de Goyoso, arçediano et provisor, o qual aqui firmou de seu nome, et eu fis escrivir et meu signo et nome acustumado aqui puje en testemoyo de verdade.