GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

916
1414, xaneiro, 26. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Fernán Afonso, á súa muller e a dúas voces unha casa na cidade por 20 marabedís anuais os primeiros beneficiarios e 25 marabedís as voces, recibindo por isto o que posúen os foreiros na freguesía de San Xullao de Bocamaos.

MADRID, AHN, Carp. 1335 nº 13, perg. orix., galego, cortesá, 290 x 310 mm.



Sabeam quantos esta carta de aforamento viren como nos as persoas, coengos, benefiçiados et homes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por campaa tangida dentro en o coro da dita iglesia, segundo que o avemos de uso et de custume, avendo primeiramente noso consello et deliberaçon et de consentimento et outorgamento de don Johan Rodrigues, archidiacono de Deçon et rendeyro prinçipal dos aniversarios da iglesia de Lugo, que esta presente et outorgante, et veendo et entendendo que he noso proveyto et dos bees dos ditos aniversarios damos aforo et avervo a vos Fernan Afonso de Burgo Novo, noso porteiro do cabidoo da dita iglesia de Lugo, et a vosa muller, Moor Fernandes, por vosa vida de anbos et a outras duas persoas despoys de vos, huna qual nomear o pustremeiro de vos en vida ou a tenpo do seu finamento, et a outra persoa que seia aquela persoa que nomear a persoa que por lo pustremeiro de vos for nomeada, huna casa que he dos ditos aniversarios que esta en a çibdad de Lugo a o portal de San Françisco, da huna parte esta junta con o poço et casa en que mora Vasco do Poço, correeiro, et da outra parte esta junta con outras casas en que mora Lopo de Vilamoure que foron de Roy Mouro, en a qual dita casa morou Gonçalvo Yanes Çarrellas et Aldara Afonso, madre de vos o dito Fernan Afonso, a qual he sub signo da capela de San Pedro desta çiudade de Lugo; a qual dita casa vos aforamos con seu seydo et cortinas et con todas suas entradas et seydas et jures et pertenenças et agoas vertentes deslo çeo a a terra, segundo ela perteesçe a os ditos aniversarios et a a dita iglesia de Lugo, a a tal pleito et condiçon que vos, o dito Fernan Afonso, et a dita vosa muller, Moor Fernandes, et as outras persoas que suçeder en o dito foro tenades a dita casa feita, ergida et ben reparada de todo o que lle feser mester en maneira que se non vaa a destruimento nen a mao paramento; et dedes dela de foro et penson en cada hun ano a a dita iglesia de Lugo et a o mordomo et rendeiro prinçipal dos aniversarios dela vos, o dito Fernan Afonso, en vosa vida viinte moravedis longos et a dita Moor Ferrnandes, vosa muller, et as outras persoas que suçederen en o dito foro que den et paguen de foro et penson en cada hun ano viinte et çinquo moravedis longos a o rendeiro dos ditos aniversarios en cada hun ano por dia de San Martino de novenbre, et que os paguedes en a moneda que se pagaren os outros foros et rendas dos ditos aniversarios. Et a finamento da pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro que a dita casa fique feita, cuberta, erguida, lavrada, portada et ben reparada a a dita iglesia de Lugo et a os ditos aniversarios, cuia he, con todos los boos paramentos que en ela foren feitos.

Et eu, o dito Fernan Afonso, que presente estou por min et pola dita mina muller et persoas asy reçebo este dito foro de vos, as ditas persoas coengos et benefiçiados da dita iglesia de Lugo, que me fasedes da dita casa, et obligo meus bees et seus de o comprir et pagar et atender en todo segundo et ena maneira que dita he; et demays por este ben et gracia que reçebo de vos, o dito cabidoo et persoas et benefiçiados del, dou a a dita iglesia de Lugo et a os ditos aniversarios todas las herdades et casas et arvores et formaes que eu aio et me perteesçen de feito et de dereito en os terminos et aldea de Vilaçendoe sub signo de San Jullao de Bocamaos, chamado o lugar de (espacio en branco), con todas suas entradas et seydas et jures et dereyturas et pertenenças et montes et prados et pastos con tal condiçon que eu, o dito Fernan Afonso, et a dita mina muller, Moor Ferrnandes, et as ditas persoas tenamos et usemos as ditas herdades et casas et beens rayses que eu dou en o dito enprasamento en nosas bidas, et a finamento da pustremeira persoa que suçeder en o dito foro que as ditas herdades et casas et arvores et formaes et bees raises que eu aio et me perteesçen en o dito lugar de Vilaçendoe fiquen por jur de herdade para senpre jamays a a dita iglesia de Lugo et a os ditos aniversarios livres et desembargadas, et as ditas persoas et benefiçiados da dita iglesia de Lugo seian tiudos et obligados de diser en cada hun ano por los ditos beens et herdamentos en cada hun ano por mina alma et de mina madre, Aldara Afonso, et de aqueles a que eu soo tiudo, hun aniversario en cada hun ano por dia de Simonis et Juda, et eso meesmo que eu, o dito Fernan Afonso, et a dita mina muller et as ditas persoas seiamos obligados de faser diser o dito aniversario por los ditos beens en cada hun ano durante o dito foro.

Et nos, as ditas persoas, coengos et omes boos do dito cabidoo, asy vos outorgamos o dito foro et reçebemos de vos o dito enprasamento con as condiçoes sobreditas. Et eu, o dito Fernan Afonso, asy o outorgo et reçybo. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario juso scripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feitas en hun tenor huna para nos, o dito cabidoo, et outra para vos, o dito Fernando Afonso, et vosa muller et persoas et as signase de seu signal.

Feito et outorgado foy todo esto en a dita çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia, viinte et seys dias do mes de janeiro, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et quatorse anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre de Lugo; don Diego Alvares, archidiacono de Neira; don Juan Rodrigues, archidiacono de Deçon; don Rodrigo Afonso, juys; don Juan Gomes, thesoreiro; Afonso Ferrnandes, Roy Lopes, Lopo Ferrnandes, Fernan Rodrigues, Rodrigo Ares, Juan Yanes, Juan Lopes, Afonso Teyxeyro, coengos; Afonso Rodrigues, vigario de don Juan Martines, dean; Pedro Ferrnandes, Fernan Rodrigues, Afonso Rodrigues, Fernan Fernandes, Afonso Ares, raçioneiros da dita iglesia, et outros. Et por mayor firmesa mandamos seelar esta carta de o dito Fernan Afonso con o seello do dito cabidoo.

Et eu Pedro Fernandes de Silvarey, notario publico da çibdade de Lugo por la autoridade do senor Obispo dese lugar, a esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy et este publico instromento por mandado das partes scripvi et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he.