GMH/ÍNDICE A-Z

155
1316, maio, 18. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo dóanlle ao clérigo Nuno Pais un curral en Lugo e reciben a cambio a metade da casa do Campo.
MADRID, AHN, Carp. 1332 C/4, perg. orix, carta part. por a.b.c., galego, gótica cursiva, 310x210 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos don frey Iohan por la gracia de Deus, bispo de Lugo, con outorgamento et consello do cabidoo de nossa iglesia, damos a vos, Nuno Pays clerigo, en canbeo valedeyro para senpre, o nosso curral que ias tralas nossas cassas do Canpo, que he ena çibdade de Lugo, entre las casas anbas en que morou Pay Ferrnandes, coengo que foy de Lugo, da huna parte, et as sobreditas nossas cassas do Canpo, en que ora mora Marina d'Ouro et Areas Pays da outra parte; o qual curral vos damos livre et quito de toda servidume da sayda que y avian as sobreditas nossas cassas, et que se çarren as portas de pedra de çima et as de fondo das ditas cassas, en guissa que non reçebades por elas ynoio nen [...], des oy mays endeante fassede del vossa voontade. Et eu Nuno Pays, clerigo sobredito, dou a vos, sennor obispo sobredito, en nome de vossa iglesia, a minna meatade da cassa do Canpo, que he ena çibdade de Lugo, da qual cassa a outra meatade he do cabidoo sobredito de Lugo, et ias entra la cassa en que mora dona Moor Rodrigues da huna parte, et a cassa en que mora Martin Coquin da outra parte, a qual cassa vos dou con entradas et con seydas, et con suas pertenenças et dereyturas, quita de anniverssario et de todo outro çensso, en escambeo do dito curral, valedeyra para senpre, salvo da sua soldariça a que he teuda a mea cassa, que devedes a pagar. Et cada hun de nos obrigamos por todos nossos bees a fasermos nos de pas estes escanbeos que nos damos huuns a outros.

Et que esto seia çerto et non venna en dulta nos, o bispo, et Nuno Pays, sobreditos, rogamos a Pedro Yanes, notario publico dado pelo bispo de Lugo a o conçello dese mysmo lugar, que fesesse ende duas cartas partidas por a.b.c., tal huna commo outra, et desse a cada hun de nos sua et possesse y seu sinal. Et nos, ho obispo sobredito, por mayor firmedume mandamos esta carta seellar de nosso seello colgado. Et nos, o cabidoo de Lugo, en sinal de consintemento por que achamos que he boo paramento mandamos esta carta seellar de nosso seello pendente.

Dada en Lugo des et oyto dias de mayo, era de mill et tresentos et çinquaenta et quatro annos.

Testemoyas que presentes foron: Fernan de Deus, chantres de Lugo; Affonso Savaschaes, clerigo de Santa Maria de Luases; Fernan Affonso et Martin de Cano et Gonçalvo Martines et Verdugo Sanches, homes do bispo, et outros muytos.

Eu Pedro Yanes, notario sobredito, a esto pressente fuy et a rogo dos sobreditos sennor obispo et Nuno Pays esta carta escrivi et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade.(+).