Tareixa Pérez confirma a venda que o seu fillo, Fernán Pérez, lle fixo a Xoán Mazaos de herdades e casas en Suyllay e Milleirós.
Sabeam
quantos esta carta viren commo eu Tereyia Peres, muller de Pedro
Moordomo, pedreyro, que foy de Lugo, outorgo et aio por firmes et por
estavelles para senpre todallas vençoes dos herdamentos et cassas
que Fernan Peres, meu fillo, feço a vos Iohan Maçaas, correeyro, et
a vossa muller Moor Peres, en qualquer maneira que vo-llas el feçesse
et vendesse, en Suylay et en Milleyros et en todos seus termynos et
alur hu quer que vo-llas el fesesse, et renunçio et prometo en boa
\fe/ que nunca contra ellas vena nen passe, nen contra cada una
dellas por min nen por outren, en iuyço nen fora de iuyço. Et se
contra ellas ou contra cada una dellas veer ou passar, por min ou por
outrem, mando et outorgo que me non valla nen seia oyda sobr’ello,
nen aproveyte a min nen enpeesca a vos. Et que esto seia çerto
roguey a Aras Peres, notario publico de Lugo, que fesesse ende esta
carta.
Que foy
feyta postremeyro dia d’outono, era de mill et CCC LXVI annos.
Testemoyas: Iohan Muniis, Fernan Eanes de Meylay, Pedro Aras et Pedro
Eanes, carniçeyros, et outros ts.
Et eu
Aras Peres, notario publico de Lugo, dado pe-llo bispo desse miismo
lugar, a esto pressente foy pressente (sic) et esta carta escrivi et
puge en ella meu signal en testemoyo de verdade. (+).