1334, xuño, 6. Lugo
Fernando Pais e a súa filla véndenlle a Dominga Ramalla unha leira de herdade na freguesía de Santiago de Saa por 60 soldos.
Sabeam
quantos esta carta virem commo eu Fernan Pelaes de Lama con minna
filla, Luca Ferrnandes, nos anbos de consuu de bon curaçon et
de boa voontade vendemos a vos, Dominga Ramalla, et a vosos fillos:
Aras Affonso et Affonso Ferrnandes, huna leyra d’erdade que he
en Saa, enna agra de Buiae, que ias d’ylarga na leyra das
Quintaas, da huna parte a leyra do bispo de Sobrado, et fere de testa
en huna leyra d’Affonso Ramallo, et da outra parte no leyro do
clerigo; a qual leyra se parte de por meo con huna leyra de Tareyia
Aras, a qual leyra he de huna mea teega semente, sub signo de
Santiago de Saa. Et reçebemos de vos en preço por esta
vençon sesaenta soldos desta moneda del rey don Affonso de que
nos outorgamos por entregos et ben pagados. Et obligamos nos et todos
nosos bees de vos faser senpre esta vençon de pas, et desoie
mays este dia avedea senpre en pas vos et toda vosa vos pus vos.
Feyta a
carta de vençon en Lugo VI dias de iuyo, era de mill et CCC
LXXII annos.
Testemoyas:
Martin Chaupin; Pedro Peres de Varçea; Roy Ferrnandes de
Belsar; Affonso Peres et Asenxo dy ts. Et eu Ruy Ferrnandes, notario
publico de Lugo, a esto commo dito he pressente foy et esta carta fis
escrivir et puge en ella meu signal. (+).