GMH/ÍNDICE A-Z

313
1352, marzo, 16 (Velle)
venda

Eufemia Pérez véndelle a Lopo Rodríguez de Sabadelle as tres cuartas partes de catro castiñeiros por 8 mrs.

ACOu, Escrituras X, 24

Sabeam todos que eu Ouffemea Perez moradeira en Casdalvyto da friguesia de Sabadelle, por min e por toda miña voz vendo e entrego a vos Lopo Rodriguez escudeiro d’Aguiar e a toda vosa voz para senpre quatro castineiros minos a quarta deles, que eu aio e me perteeçe no Souto Novo, os quaees estam entre outros vosos castineiros que teendes eno dito souto. Que vos e toda vosa voz aiades e pesuyades os ditos quatro castineiros minos la quarta deles que non he miña en jur de herdade para senpre de dezemo a deus e livre doutro enbargo. Ca reçeby por eles de vos en preço oyto mor. de dineiros brancos, dos quaees me ja fezestes paga en dineiros feytos e co[n]tados bem e conpridamente aa miña voe[n]tade. Et outorgo que seiades senpre anparado a dereito con esta vendiçon por todos meus beens guañados e por guañar. Et quem quer que vos contra esta carta de venda veer aia a yra de deus et a miña maldiçon, et peyt[e] por ende de pena a vos ou a vosa vos quanto demandar com o dobro et a vos del rey outro tanto peyt[e], et a pena pagada ou non que esta carta e venda vallam e fiquem firmes para senpre. Feyta a carta no couto de Belle que he en terra d’Aguiar, dez e seys dias de março, era de mill e trezentos e noveenta annos. Testemuyas que presentes foron Ares Guerreiro de Lagoços, Ares Eanes e Antom moradores en Villariño, Domingo Fortes de Pedrayo.

Et eu Afonso Eanes notario publico en terra de Aguyar porla igleia de Santiago que a esto presente foy et o escrivy et meu nome e sinal y puge en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de Sabadelle.