GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

319
1353, marzo, 13
foro

O bispo don Xoán afóralles a Álvaro Sánchez, criado do bispo don Álvaro, e á súa muller, Tareixa Iáñez, unha casa en Rante, que lle chaman “O Paaço”, sobre a fonte do Campo das Nogueiras, por dous capóns.

ACOu, Bispo, 95

Conoçuda cousa seia a todos commo nos dom Johan bispo d’Ourense damos e outorgamos a foro a vos a Alvaro Sanches (...) bispo dom Alvaro e a vossa moller Tereyia Eanes moradores em Ourense e a toda vossa voz para senpre huna casa que está en Rante, aa que chaman o Paaço, o qual casa está a sobrela fonte do Canpo das Nogueiras et entesta enno camiño publico que vaya do dito lugar de Rante para Mesquita et en outra parte entesta enna casa de Gonçalvo Fernandes. Outrosy vos afforamos huun pequeno de terreu con este dito paaço, que iase ontre la casa de Johan de Noalla e a de Gonçalvo Fernandes, o qual terreo mandou (Maria) Yanes aa igleia de Rante. Aforamos vos o dito paaço et terreu con entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteenças por hu quer que as aian e devan a aver de dereito, por tal condiçon que lavredes e paredes ben en maneira que non desfalescan por mingoa de boon paramento, et dedes ende de foro cada anno a nos ou ao bispo que for pelo tenpo da dita igleia d’Ourense por dia de Sam Martiño do mes de novenbro dous capoens et disemo a deus e livre e quite de todo outro enbargo. Et se quiserdes vender, deytar ou sopeñorar o dito paaço ou terreu que o vendades ou deytedes ou sopiñoredes a nos ou a nossos anteçessores ante ca a outro ninhuun, et se os non quisermos polo justo preço que outre por el der que enton que o vendades, deytedes ou sopenoredes aa tal pessona que seia semellavil de vos et de que nos e nossos anteçessores possamos aver os ditos foros sobre ditos en paz e en salvo. Et obrigamos os beens da nossa messa para vos anpararvos a vos e a vossa voz con o dito paaço e terreo a dereito. Et eu o dito Alvaro Sanches por min e pola dita miña moller e miña vos assy reçebo de vos o dito paaço e terreu de vos o dito señor obispo commo dito he. Et para agordar e pagar o foro do dito paaço obrigo todos meus beens gaañados e por gaañar. Posto foy e outorgado ontre as ditas partes que a parte que contra esto veer e o non conprir e agordar que peyte aa outra parte que o conplir e agordar çen moravedis da boa moeda, et a penna pagada ou non esta carta fique firme e valla para senpre. Feyta en Ourense, trese dias de março, era de mill e tresentos e noveenta e huun annos. Testemuyas Gonçalvo Codeiro notario d’Ourense, Fernan Gonçalves reitor da igleia de Santa Maria do (Porto) e mosse Guillen clerigo do dito señor obispo. Outrosi vos damos huna destas nosas tinallas pequenas que nos teemos em Rante.

Et eu Ruy Fernandez notario publico da çidade d’Ourens[e] pollo bispo e polla igleia desse luguar que a esto presente foy e en myña presença o fige escrivir e meu synal y fige en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Assy an de poer a dita tinalla en esta carta.