GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

427
1383, outubro, 18
foro

Estevo Pérez, bufón, morador na rúa de Cima, afóralles a perpetuidade a Xoán de Touro e á súa muller, Maior Afonso, unha casa na rúa Nova por 6 libras.

ACOu, Clérigos do Coro, 11

Sabean quantos esta carta viren que eu Estevoon Peres bofon morador en Ourense na rua de Çima, dou e outorgo a foro a vos Iohan de Touro morador en Ourense na rua da Praça et a vossa moller Moor Afonso e a todas vossas voses para senpre huna miña casa que eu aio na dita çidade d’Ourense na rua Nova, que parte de huun cabo con outra casa de min o dito Estevoon Peres que de min ten Iohan Lourenço yrmaao de Roy Lourenço, et do outro cabo parte con outra casa de Costança Gonçalves filla de Gonçalvo Martinez ourivez que foy e moller que agora he de Gonçalvo Çide, et ten as portas na dita rua publica da rua Nova. Aforovos a dita casa con suas entradas e seydas e con todos seus dereitos e perteensças do çeo aa terra, sub tal condiçon que a reparedes e trastelledes e adubedes de todo o que ouver mester en tal maneira commo se non perca per mingoa de boon reparamento. Et que dedes a min e a miñas voses por la dita casa vos o dito Iohan de Touro e a dita vosa moller et toda vosa vos de foro cada ano por dia de Santa Oufemea do mes de setenbro seis libras de diñeiros brancos desta moeda usual que agora corre de que contan qoreenta par de diñeiros novees por tres libras, et que pagemos de por medio a fumageen se a y ha. Et do al que ajades a dita casa de disemo a deus livre e quite de todo outro enbargo e encarrego e trebuto alguun. Et obrigo todos meus beens avidos e por aver para vos anparar et defender senpre a dereito con a dita casa que vos aforo sigundo dito he. Et eu o dito Iohan de Touro que soon presente por min e por la dita miña moller que non he presente e por toda nosa voz asy resçebo de vos o dito Estevoon Peres a dita casa aforada porla maneira e condiçoens que ditas son, et para a apostar e reparar et para pagar a vos et a vossa vos as ditas seis libras de cada anno por lo dito dia e para conprir e agardar as condiçoens desta carta e cada huna delas obligo todos meus beens avidos e por aver. Et he posto ontre nos as ditas partes que qual quer de nos que contra esto pasar e o non conprir e agardar que peyte aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nome de pena e de interesse çen mrs. da boa moeda et aa vos del rey outros tantos, et a dita penna pagada ou non que esta carta e aforamento fique firme e valla para senpre. Feita a carta en Ourense, dez e oyto dias de oytubro, era de mill e quatroçentos e viinte e huun annos. Testimuyas. que a esto presentes foron Gonçalvo Çein ome de min notario, Pero Garçia morador no couto de Lousada e Alvaro Afonso clerigo reytor da igleia de San Martiño de Mugares e outros.

Et eu Gonçalvo Oureiro notario publico da çidade d’Ourense porla igleia desse lugar que a esto presente foi e en miña presença o fis escripvyr et meu signal aqui puge en testimuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta da casa da rua Noba
que ten Roi Meylan.