GMH/ÍNDICE A-Z

1218
1472, xuño, 23. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalles en pensión perpetua a Ares de Castelo e á súa muller unha casa derruída na rúa da Porta de San Pedro, freguesía de Santiago, por renda anual de seis marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 49 r.

Sepam quantos esta carta de çensso et pension viren como nos o cabildo da iglesia de Lugo seendo juntados en nosso cabildo chamados per son de canpana, segundo que avemos de uso et de costume, dentro en a Capela de San Vertolameu, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos subçesores damos a çenso et a penssion de cada un ano et por nome de pension a vos Ares de Castelo, çapateyro, vesino de Lugo, et a vosa muller, Mayor Afonso, reçebentes por vos et por vosos suçesores et herdeyros, para senpre por jur de herdade huna nossa casa que esta cayda en a rua da Porta de San Pedro, sub o signo da Capela de Santiago, a qual ten por lindeyros et terminos da huna parte outra vosa casa propia disymo a Deus, et da outra parte huna casa propia de Pedro Grama, çapateyro; a qual dita casa vos damos a pension, segundo dito he, por jur de herdade para senpre con todos seus dereytos et jures et pertenenças et ortas et saydas et entradas et agoas vertentes et correntes desde lo çeo fasta a terra, et segundo que todo perteesçe a os aniversarios desta dita iglesia et a nos por rason deles, para que posades faser dela et en ela como de vosa cousa propia salvo que a non posades dar, nen vender, nen apensionar a iglesia, nen a monesterio, nen a outro lugar religioso algun salvo a a dita iglesia de Lugo, donde a resçebedes, et se a quiserdes bender vos ou vosos subçesores, que subçederen en o dereyto dela, que requirades et requiran primeyro a o dito cabildo, et se a quiseren que lles seia dada por tanto quanto con verdade outro quiser dar, et se o contrario feserdes ou feseren que por ese meesmo feyto ha pergades et pergan vosos herdeyros et subçesores et se torne a a dita iglesia. A qual dita casa vos damos et outorgamos a penssion, segundo dito he, a tal pleyto et condiçon que d’oje este dia fasta seys anos primeyros seguentes façades en ela casa de sobrados et balcoes et ha mantenades asy vos et vosos subçesores et herdeyros; et que dedes vos et vosos subçesores, en cada hun ano, dela et por ela de çensso et penssion des et seys maravedis de moeda vella et que os dedes et pagedes en esta çiudade de Lugo a o rendeyro et colledor que for das rendas dos ditos aniversarios, por cada dia de San Martino de nobenbro, en cada ano, et que os pagedes en a moeda que se pagaren os outros maravedis dos ditos aniversarios, et çesando vos ou vosos subçesores et herdeyros de pagar o dito çenso et pension por tres anos que por ese meesmo feyto perdades et perdan todo o dereyto que en ela et a ela avedes et ouberen et se torne a nos, o dito cabildo, et aniversarios, donde a resçebedes.

Et eu, o dito Ares de Castelo, que presente estou por min et por la dita mina muller et herdeyros et subçesores asi resçebo de vos, os ditos senores do dito cabildo, a dita casa por los modos et maneyras et condiçoes que ma dades et obligo a min et a todos meus beens. mobeles et rayses, eclisiasticos et seglares, avidos et por aver, et dos ditos meus herdeyros et subçesores, que subçederen en o dereyto da dita casa, de o termos et conplirmos et gardarmos et pagarmos todo asi segundo arriba se conten, et prometo et me obligo de seer senpre et meus subçesores en prol et en honrra et ajuda do dito cabildo et benefiçiados da dita iglesia et non seer contra eles en ningun tempo. Et nos, o dito cabildo, asy vos lo outorgamos. Et porque seia çerto nos las ditas partes outorgamos et mandamos delo faser dous contrautos fortes et firmes, anbos en un thenor, por lo notario a juso escripto un para vos, o dito Arias de Castelo, et vosos subçesores et herdeyros que subçederen en o dereyto da dita casa et outro para nos, o dito cabildo, et nosos subçesores, et por mayor firmesa mandamos seelar con noso seelo pendente o contrauto de vos, o dito Ares de Castelo.

Que foy feyto et outorgado en a dita çibdade de Lugo en a dita iglesia et lugar, a veynte et tres dias do mes de junyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et dous anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron o dito foro: Alvaro Dias, arçediano de Sarrea, Gomes Garçia, arçediano de Deçon; et Diego Ferrnandes, mestrescola; et Rodrigo Afonso da Rigeyra, Diego Vasques, Juan Arias de Parga, Pedro Martines, Pedro de Mera, Roy Dias, Afonso Martines de Galdo, canonigos et capitulantes, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çiudade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo o que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy et esta carta de çenso et penson, segundo ante min pasou et por las ditas partes foy outorgada, seendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fise escripvir et por ende fise aqui estes meu signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.