GMH/ÍNDICE A-Z

147

1430, xullo, 15. Meira.
Escritura pola que Gonzalo Pérez lles vendeu a Fernán Pérez de Lourido e a Xoán Alonso de Galegos o quiñón que lle correspondía nas herdades que levaba o colono Xoán Alonso da Veiga, en Galegos (Orrea).
A, perg. irregular e con signo notarial, de 165 x 180 mm. Letra semigótica.

Saban todos commo eu Gonçaluo Peres morador en Arcos por min et por / mia uos vendo a uos Fernando Peres de Lourido et a vosa muller Sancha / Fernandes enna meetade et a uos Juan Alonso de Galegos et a vosa muller Orraca Alonso / enna outra meetade a vos os sobreditos et a vosa uos por senpre / o quinto das herdades que vsaua Juan Alonso da Veyga meu tio por min / et por mia madre en Galegos sub syno de santa Coonba da / Orrea et que vos por min y poderdes achar et reçeby de vos en pre/ço por esta vençon çinquoenta mor. duas brancas ho mor. / de que son pago et entergo et por esta carta vos ponno enno jur et posy/son dos ditos herdamentos et tiro delo a min et obligo a min et meus / bees de vos faser esta carta por lo notario subescripto. Que foy feyta enno Campo de Meyra des dias de juyo anno Domini de mill et quatro/çentos et xxxta annos. Testemoyas que foron presentes Gonçaluo Peres clerigo de Ardulfe / frey Fernando d-Aluare et Juan Peres de Rostregos.
Et eu Afonso Peres / notario publico do dito moesteiro a esto que dito he con as testemoyas presente / fuy et por rogo das partes esta carta escriui et puge / aqui meu syno en tetemoyo de verdade que he tal (Signo).