GMH/ÍNDICE A-Z

1026
1429, maio, 28. Portomarín

Clara Rodríguez dá por válido o traspaso do casal de Xián realizado polo seu irmán o cóengo Afonso Rodríguez a favor do Cabido de Lugo.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/22, perg. orix., galego, cortesá, 196 x 345 mm.
   

Sabean quantos esta carta viren como eu Clara Rodrigues, filla de Roy Peres da Porta Minaa et de Eynes Afonso, sua muller que foy, que Deus perdoe, muller de Lopo Afonso con outorgamento et consentimento do dito Lopo Afonso, meu marido, que esta presente et outorgante, que por quanto o dito Roy Peres, meu padre, deu et outorgou a Afonso Rodrigues, coengo, seu filo, meu yrmao, en sua partilla por los bees da dita nosa madre, Eynes Afonso, ho casal de Giae que esta açerca da çiudade de Lugo, et o qual dito Afonso Rodrigues deu et traspasou a o cabidoo da iglesia de Lugo, que aio por firme et rato o dito traspasamento que o dito Roy Peres deu et outorgou a o dito Afonso Rodrigues, et eso meesmo o traspasamento que do dito casal fiso o dito Afonso Rodrigues en o dito cabidoo; et prometo que contra esto que dito he non vaa nen pase en nihun tenpo en juyso nen fora del. Et porque esto seia çerto outorgo delo esta carta por lo notario et testemoyas iuso escriptas.

Feyta et outorgada en Portomarin, viinte et oyto dias do mes de mayo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et nove anos.

Testemoyas que foron presentes: don Roy Lopes, arçediano de Neyra en a iglesia de Lugo; Gonçalvo Rodrigues de Portomarin; Fernan de Sayoane do Alto, ome do dito arçediago.

Et eu Pedro Fernandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo et en seus coutos et obispado por la autoridde do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et este instrumento fis escripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).