GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo

63

1298, xaneiro, 26. Vilamaior-Mondoñedo.
Documento de troco en virtude do cal Miguel Suárez e a súa dona María Pérez lle entregaron ó Cabido da Catedral de Mondoñedo as viñas que tiñan en Carroceira (Mondoñedo) e este entregoulles a aqueles as herdades que perteneceran a Pedro Ovéquez. Pouco despois, os referidos esposos vendéronlle ó citado Cabido o quiñón que posuían na casa da rúa de Sendín.
A, perg., partido por A.B.C., de 198 x 217 mm. Letra semigótica.

Sabaan quantos este scripto uiren commmo en presença de min Afonso Steuaez raçoeyro et notario publico da yglesia de Mendonnedo et das testemoyas / que en esta carta son scriptas tal cambea et tal auinença fuy feyta entre don Abril Eanes dayam et o cabidoo de Mendonnedo da / una parte et Miguel Suárez et Maria Perez sua muller fila que foy de Pedro Ouequez da outra conuen a saber que este Miguel Suarez / et Maria Perez deron as suas uinas que an en Caroçeyra commo departen da una das partes da uina do cabidoo et da outra da de / Juhan Eanes Iaurin et da testada commo se departe pelas casas da uia publica cun sua entrada qual la sol auer et cun todo dereyto / que elles am et deuen por auer en aquella chousa. Et o dayan et o cabidoo deron a elles outrosi por esto cambeo toda a uoz et todo dereyto que elles an et deuen por auer in nos herdamentos de Pedro Ouequez et de sua muller Marina Perez que foron por uoz de / Juhan Afonso neto que foy de Pedro Ouequez et filo de Maria Pequenna a qual uoz o dayan et o cabidoo auian por razon de conpla / que fez Domingo Perez seu coygo que conplou aquel quinon et aquella uoz saynte ende os quinoes das casas cun suas perteenças que foron / de Pedro Ouequez que saen inno Curral de Uillamayor que les non deron et fican inno cabidoo et saynte o quinon que an inna chousa / sobredita de Caroçeyra por aquela uoz asi nas uinas commo na casa. Et de meloria deron a elles o dayan et o cabidoo / sobreditos cen mor. d-Alfonso pequenos de que se outorgaron por ben pagados. Et estas cousas sobreditas outorgaron as partes / a fazelas unnos a outros de paz. Et o dayan et o cabidoo an d-aiudar esse Miguel Suarez se o alguen contrariar sobre / estas cousas sen despesas. Et que esto seia <certo> et non uenna in dulta estas partes sobreditas rogaron a min notario sobredito que / les fezesse ende senlas cartas partidas por a.b.c. cun meu signal Et eu notario sobredito a todo esto presente fuy / et a rogo das partes sobreditas esta carta per mina mao propia escriui et in ella ponno meu signal acustumado in testemoyo / de uerdade. Feyta en Villamayor domingo vi dias por andar do mes de janeiro / Era de mil et cccos et xxxvi annos. Testemoyas don Andre Dias chantres don Martin Gonçalues / arcidiago d-Azumara don Martin Peres maestrescola don Martin Payz tesoureyro Ruy Perez Vi/uian Martinez coygos Johan Eanes Iaurin Juhan Martinez do Dayam Gomez Fernandez et / Juhan Manion leygos cidadaos de Villamayor et outros muytos clerigos et leygos (Signo).
Iten dous dias por andar deste mes de janeyro sobredito estes sobreditos Miguel Suárez et Maria Perez / sua muller venderon ao dayam et ao cabidoo sobreditos o seu quinon todo da casa da rua de Sendin / que fuy de Maria Foleta por L soldos d-Alfonso pequenos dos quaes se outorgaron por pagados. Testemoyas Martin Eanes alcayde Johan Boo Miguel Eanes Fernan Eanes dicto Esquerdeyro Martin de San Martin et eu notario sobredito que / esto escripui ad rogo das partes et meu signal outra uez pono (Signo).

(Reverso):
M. iii. n. 16. Caroceyra. Vilamayor.