GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

207
1332(agosto, 3)
foro

O cabido afóralles a dúas voces a Afonso Iáñez e á súa muller, María Pérez, un casal en San Fiz (freguesía de San Mamede de Puga) por terza de pan, viño, liño e legume, 10 mrs., dous capóns, 8 celamíns de trigo, 16 de eirádigo (medio vereizo e medio ceveira) e media carrada de fachas.

ACOu, Tenza de Puga, 460

Sabeam quantos esta carta virem que nos o cabidoo da igleia d’Ourense afforamos a vos Affonso Eanes morador em Sam Fiis e a vosa moller Maria Peres em toda vossa vida danbos e a vossos fillos e a vosos netos o casar que nos o dito cabidoo avemos em Sam Fiis enna friigrisia de Sam Mamede de Puga, o qual casar tevo Estevoo Vaasques que foy de Sam Fiis. Afforamos vos o dito casar per tan condiçon que vos que o lavredes e paredes bem em maneyra que non desfalesca per mingoa de lavor e de boon paramento e façades as casas e as manteñades, et dardes terça de pam e de viño e de lyno e de lygumea que deus y der, conven a saber o pam no çelleiro de Puga e o viño no lagar per nosso moordomo, o qual avedes aproveer cumunalmente de comer e de beber mentre se coller o pam e o viño desse casar, et dardes cada anno em dia de Sam Martino por dereitura des mor. de brancos da moeda del rey dom Affonso contados xvi pares de diñeiros brancos por tres mor. e dous capoens et oyto çiramis de trigo et des e seys çiramis deyradigo, meo vereyço e meo çeveyra, et dardes outrossy cada anno mea carrada de fachas. Et o dito casar deve andar em huna pessona e non em mays. Et vos e as ditas vossas voses seerdes vassalos serventes e obidientes do dito cabidoo, et non tomardes outro señorio sobre lo dito casar se non o do cabidoo d’Ourense. Et se contenda alguna recreçer ontre vos e o dito cabidoo sobre lo dito casar que se termii per dous omes boons do dito cabidoo tomados de praser das partes, toda appellaçon removuda. Et non avedes a criar criado dome fillo dalgo no dito casar nen devedes aponer anyversario perlo dito casar nen per parte del, salvo ao cabidoo d’Ourense. Et se vender ou supiñorar quiserdes o dito casar ou parte del que ante vendades ou supinoredes ao cabidoo d’Ourense ca outre polo justo preço, et se o cabidoo d’Ourense ou alguun dos do cabidoo non quiser conprar ou reçeber obrigado que enton vendades ou supinoredes a atal pessona que seia semellavil de vos, pero que non seia cavaleyro nen escudeyro nen donna nen omme poderoso nen fillo dalgo nen omme dordem nen religiosa pessona nen servo nen moordomo dome poderoso, mays seia pessona semallavil de vos e que cunpra e page e aguarde (todas est)as cousas sobreditas e cada huna delas que vos sodes tiudos a pagar e conprir e aguardar. (Et) se per non poder ou per nyglyiençia o lavor do dito casar for perdudo ou alguna (destas) cousas sobreditas non forem aguardadas e vos (amoesta)dos commo dereyto (manda e non) quiserdes enmendar ou correger, que o cabidoo d’Ourense (per su)a outoridade (per seu moord)omo ou per seu omme possa entrar e tomar o dito ca(sar assy) commo (o achar e reçeber lo par)a o dito cabidoo. Et outorgamos que seiades anparados (a dereyto) enno (dito tenpo con o dito casar) perlos beens da mesa do dito cabidoo. Et eu Affonso Eanes (por) min e (polla dita myña mo)ller que non he presente e polas ditas nossas voses para lavrar (o dito casar commo dito he e para pag)ar e conprir e aguardar todas estas cousas so(bre ditas e cada huna dellas obrigo ao di)to cabidoo min e (todos) meus beens gaañados e (por gaañar. Feyta a carta em Ourense enno di)to lugar hu se (acustu)mou a ajuntar (o cabidoo, tres dias dag)osto, era (de mill e tresentos e) seteenta annos. (Testemuyas que a esto foron presentes Pero) Lourenço, (Domingo Eanes, Johan Guiça) clerigos do (coro da igleia d’Ourense et Gonçalvo Ea)nes reytor da igleia (de) S(am Payo d’Alvam).

Et eu Affonso Lourenço de Ourensse publico notario por auctoridade do papa a esto presente foy e esta carta fiz escrivir e meu sinal y puge en testemuyo de verdade.

(sinal)