GMH/ÍNDICE A-Z

1030
1431, maio, 11. Lugo

O vigairo lucense nomea notario do bispado a Afonso Fernández, clérigo do coro.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/25, perg. orix., galego, cortesá, 229 x 326 mm.


   

Saban quantos esta carta de notaria viren como eu Afonso Ruys de Baeça, bacheller en leys et vicario et provissor geeral en o espiritual et temporal en a iglesia et obispado de Lugo por lo reverendo in Christo padre et senor don Fernando por la graçia de Deus et da santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, por faser graçia, ben et merçed a vos Afonso Fernandes de Gonçe, clerigo do coro da iglesia de Lugo, teno por ven et he mina boontade et merçed que seiades notario publico por lo dito senor Obispo en suas audiençias et en a dita çiudade et en todo o dito obispado de Lugo et seus coutos et jurdiçoes en quanto perteesçe a toda jurdiçom ecclesiastica, espiritual et temporal, et todas las escripturas et notas et registros que por vos foren feitas, ou por outro, en que vos poserdes o dia et era et mes et testemoyas et lugar en que foren feitas et as partes et contias et condiçoes et este voso signo et nome que vos dou, quero et mando que todas vallan et façan fe onde quer que paresçeren, asy en iuso como fora del, como scripturas feitas et signadas de notario publico, et mando a todos los moradores et provadores da dita çiudade de Lugo et de todo o dito obispado de Lugo que usen convosco en o dito ofiçio de notaria asy como usaron et usan con os outros notarios que foron et son et ha en a dita çiudade et obispado, segundo dito he, et vallan et façan fe as ditas scripturas que vos asy feserdes, ou mandardes faser, onde quer que pareçer ou pareçeren asy en iuso como fora del, segundo dito he. Et esta merçed vos faço da dita notaria et vos crio et ordeno por notario publico do dito senor Obispo por quanto sodes boo escripvan et de boa conversaçon et ydonio et perteesçente para o dito ofiçio de notaria, et por quanto fasedes logo aqui en mina presençia et do notario iuso escripto iuramento a os santos avangeos de Deus, que corporalmente tangedes con vosas maos, que ben et lealmente et verdadeiramente usedes do dito ofiçio et guardedes verdade a cada huna das partes que por vos alguna escriptura feseren ou se pasaren, et que non denegedes voso ofiçio a qualquier persoa ou persoas que o mester ouveren et vos para elo requeriren, et su as outras penas estabeleçidas en tal caso en dereito; et que gardedes serviiçio do dito senor Obispo, et non seiades contra el. Outrosy mando et quero que aiades et gosedes de todos los outros boos privilegios et onrras et franquesas et graças et libertades que ouveren et han et deven aver et gosar os outros notarios do dito senor Obispo, et mando su pena d’escomonyon que vos seian guardadas. Et porque esto seia çerto et non vena en dulta mandeyvos delo dar esta carta firmada de meu nome et seelada de meu seelo, et por mayor firmesa rogey et mandey a Alvaro das Camoyras, notario, que a sinase de seu signo.

Que fuy feita et outorgada en a çiudade de Lugo, onse dias do mes de mayo, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et triinta et hun anos.

Testemoyas que foron presentes: don Juan Garçia, tesoreiro en a iglesia de Lugo; et Juan Martines, raçoeiro en a dita iglesia; et Fernando Fernandes de Goyos, et outros.

Alfonsus bachiller, lucensis vicarius.

Et eu Alvaro Fernandes das Camoyras, escripvan et notario publico de noso senor el Rey en a sua Corte et en todos los seus Reynos, a todo esto que dito he con as ditas testemoyas presente fuy et esta carta escrivi et aqui puje meu nome et sinal en testemoyo de verdade (signo).