GMH/ÍNDICE A-Z

94

1418, xullo, 22.
 Protesta do procurador Alvaro Gil porque o Concello se entrometía en dar oficios exentos de tributos.

Dia esta feira viinte e dous dias do mes de julio. Sabean todos que seendo os alcalles e regidores, jurados e omes bõos da çidade de Santiago, juntados en consistorio enno sobrado da notaria de Rui Martines, notario da dita çidade, presentes ende Martin Galos e Juan Ares da Cana, alcalles, e Fernan Gonçales do Preguntoiro, e Afonso Fernandes Abril, omes bõos, jurados enna cita çidade e en presença de min Fernan Yanes, notario publico de noso señor el rey enna sua Corte e en todos los seus reynos e escusador por lo dito Rui Martines e das testemoyas adeante scriptas paraesçeu Alvaro Gil, procurador do Conçello da dita çidade e sua protestaçon e requerimento feso aos ditos alcalles, regidores e homes bõos en esta guisa que se sigue: Notario, daredes testemoyos a min Alvaro Gil, procurador do Conçello desta çidade de Santiago, desta protestaçon e requerimento que faço a as Justiças e omes bõos, jurados e regedores do dito Conçello, en que digo que a min he dito que as ditas Justiças e omes bõos, jurados, en dapno da prol comunal dos vesiños da dita çidade e moradores dela, se entremeten e queren entremeter de dar ofiçios que sejan exsentos de tributos a algũas personas. Por ende eu enno dito nome fronto e requero a as ditas justiças e regidores que se non se (en)tremetan de daren taes ofiçios nen de faseren taes abtos, que eu enno nome da pro comunal o contra digo e non consinto e se feseren o contrario protesto que cousa que sobrelo façan que non valla e tal ofiçio que asi deren non seja veledeiro e as ditas justiças e jurados sejan tiudos e obligados //
(Fol. 49 vº)
eles e seus bẽes a os dapnos e perdas e menoscabos e interese que delo veer ao dito conçello e moradores del e de como esto requero peço a vos notario testemoyos, hũu ou dous ou mais, quantos conpriren. A qual protestaçon feita o dito Alvaro Gil diso que se afirmava en ela e pedio testemoyo. E os ditos alcalles, regidores e omes bõos diseron que oyan o que dito Alvaro Gil desia. Testemoyas que a esto foron presentes: Pero Yanes Abraldes, Vaasco Peres Abril, Vaasco Fernandes Troquo, Juan Bugeyrete e Pero Leyteiro, vesiños da dita çidade.