GMH/ÍNDICE A-Z

1222
1472, xullo, 27 luns. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Men Salgado, á súa muller e a unha voz o casal, herdades e lugar da Hermida por renda anual de oito tegas de centeo e un par de galiñas.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 51 r., Libros, lib. 6289 con referencia ó Lib. E f. 51.

Sepan quantos esta carta de foro viren como nos as personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo sendo juntados dentro en o coro da dita iglesia chamados por son de canpana, segundo que avemos de uso et de custume, damos aforo et aforamos a vos Meen Salgado, criado do senor Conde de Lemos, et a vosa muller, Lionor Afonso, et a outra persona qual nomear o postremeyro de vos en vosa vida ou a o tempo de voso finamento, et non seendo nomeada que seia quen herdar os beens do postrimeyro de vos de dereyto. Conben a saber que vos aforamos o noso casar et herdades et lugar chamados da Hermida, que he sito et locado sub o signo da iglesia de Santy[ago], con todas suas casas et casares et herdades et montes et fontes et prados et pastos et sybeyros et con todas las outras cousas que lle perteesçen et perteesçer deben asi de feyto como de dereyto, segundo que perteesçen a a nosa tabla do cabildo et segundo que a tragia et posuya Afonso Vasques, vesino de Monforte. O qual dito casal et herdades vacou et esta vaco asi porque o dito Afonso Vasques non tyna del foro como aunque o tebese non pagou o foro et çenso que del avia de dar por moytos anos. O qual dito lugar vos aforamos a tal pleyto et condiçon que façades labrar as herdades del et morar as casas et tenades as ditas herdades labradas por maneyra que se non vaan a monte, et as casas cubertas et corregedas en maneyra que se non cayan; et dedes de foro et çensso, en cada un ano, vos et a dita vosa muller et persona a o rendeyro da nosa renda grande da iglesia de Amande, oyto teegas de çenteo medidas por medida dereyta de Monforte, postas en o dito lugar fasta meado o mes de setenbro, en cada un ano, un par de galinas por cada dia de San Martyno de Nobenbro de cada un ano, et con condiçon que a postremeyra persona, que subçeder en este dito foro despoys de vos et da dita vosa muller, Lionor Afonso, que seia tiuda et obligada de se viir mostrar et presentar ante o dito cabildo do dia que en el subçeder por persona fasta treynta dias primeyros seguentes, et se o asi non feser que por ese meesmo feyto perga o dito foro et se torne a o dito cabildo. Et a finamento da postremeyra persona, que subçeder en este dito foro, que o dito lugar et casal et casas et herdades fique labrado et reparado et as casas cubertas et corregidas a nos, o dito cabildo, et a o rendeyro que for das ditas rendas con todos los boos paramentos que en el foren feytos.

Et eu, o dito Meen Salgado, para min et para a dita mina muller et persona asy resçebo o dito foro do dito lugar de vos, o dito cabildo, por las maneyras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a meus bees et da dita mina muller et persona de o teer et conplir et gardar et pagar todo, segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabildo, asy vos lo outorgamos, et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro, anbas en un thenor, por lo notario a juso escripto huna para vos, o dito Meen Salgado, et vosa muller et persona et outra para nos, o dito cabildo, et por mayor firmesa mandamos seelar con noso seelo pendente a carta de vos, o dito Meen Salgado.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo en o dito lugar, lues, veynte et sete dias do mes de julio, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et setenta et dous anos.

Testigos que foron presentes et outorgaron o dito foro: Alvaro Dias de Lama, arçediano de Sarrea; et Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; et Gomes Garçia, juys; et Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; et Rodrigo Afonso das Cortynas; et Diego Vasques, et Juan Ares de Parga, et Pedro Martines, rendeyro da dita renda grande; et Pedro Ferrnandes de Mera, et Roy Dias de Freyxo, et Afonso Martines de Galdo, et Gomes Ferrnandes, canonigos et capitulantes; et Roy Peres, et Juan Ares, et Fernando Peres, raçoeyros, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo ho que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy et este sobredito contrauto de foro, segundo ante min pasou et por las ditas partes foy outorgado, seendo ocupado de outros negoçios por outro en mina presençia fielmente fis escripvir, et por ende fise aqui estes meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.