GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

234
1327, setembro, 16. Lugo
Fundación de aniversario realizada por Afonso Pérez Merchán.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 68v.

Era de mill et CCC LXVª annos commo en presença [...] testemoyas subscriptas, Affonso Peres dito Merchan, asigna por seu aniversario a a iglesia de Lugo dous [...] anno polla \casa sua/ da Correga en que el ora mora; conven a saber que lle façan cada anno por estes dineiros sobreditos hun aniversario por sua alma. Feyto foy esto enno coro de Lugo XVI dias de setembre.

Testemoyas que foron presentes: don Fernan Eanes, archidiago de Neyra; don Pedro Savaschaes, thesoreyro; Andreu Peres, Francisco Gilelmes, Johan Peres de Santa Maria Alta, Pedro Ferrnandes, Jacome Affonso et outros. Eu Jacome Eanes, notario sobredito, a esto presente foy et a rogo d’Afonso Perez esta carta en mina presença fiz deitar en este livro et puge en ella meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade. (+).