GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

310
1334, marzo, 13
Xoán Domínguez e outros véndenlles a Dominga Ramalla e aos seus fillos a oitava parte do casal e herdade de Barreiros, en San Pedro de Soñar, e o casal de Burgonovo, en Santa Marta, por 266 soldos e medio.
 MADRID, AHN, Carp. 1332 D/18, perg. orix., galego, gótica cursiva, 183x138 mm.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Iohan Domingues de Santa Ouffemea, fillo de Dominga Frada de Villa Moure, et eu Dominga Peres, filla de Pedro Domingues et neta de Dominga Frada, pressente et outorgante Mayor Ferrnandes minna nana, et eu Mayor Ferrnandes sobredita en nome de Mayor Peres, minna filla, de que aio gaanado por raçon que morreu en meu poder sen ydade comprida, de bon curaçon et de boa voontade, vendemos a vos, Dominga Ramalla et a vossos fillos, Aras Affonso et Affonso Ferrnandes, a oytava parte do cassal et herdamento de Barreyros, que he en Villa Moure sub signo de San Pedro de Sonar, et todo o herdamento que avemos enno cassal de Burgo Novo et en Villa Moure sub o dito signo et sub signo de Santa Marta, con todas suas dereyturas et pertenenças, cassas, arvores et formaes, a monte et a fonte per hu quer que vaa, et reçebemos de vos en preço por esta vençon duçentos et LXVI soldos et meo d’esta moeda del rey don Affonso, de que somos entregos et ben pagados, et renunçiamos a exçepçon do aver non contado et d’engano demays cada meatade do dereyto preso, et renunçiamos et façemos iuramento a os santos avangeos, corporalmente taniudos con nossas maos, que nunca contra esta vençon venamos. Et obligamos nos et todos nossos bees de vos façer senpre esta vençon de pas. Et dessoie mays este dia todo nosso poderio et senorio ende seia sacado et removudo de nos et posto en vos.

Feyta a carta XIII dias de março, era de mill et CCC LXX et dous annos.

Testemoyas: Martin Eanes et Fernan Eanes de Bravos; Affonso Eanes de Lamaboa; Iohan Migueles, clerigo de Villachaa; Fernan Affonso de Quinte ts., et outros ts.

Et eu Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, a esto commo dito he pressente foy et esta carta escrivi et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.(+).