GMH/ÍNDICE A-Z

572
1351, marzo, 19. Lugo
O deán e o Cabido de Lugo eximen a Arias Pérez da Cruz do pagamento dun aniversario e reciben a cambio un oitavo de casa na rúa do Campo.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 74r.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos Diego Ferrnandes, dayam de Lugo, et o cabidoo desse lugar seendo iuntados en cabidoo enno coro da iglesia cathedral de Santa Maria de Lugo por campaa tangida, segundo que avemos de custume, con outorgameto dos coengos do aniversario da dita iglesia, fazemos tal scambea convosco, Arias Peres da Crus, que seia valedeyra para senpre yamays, conven a saber que vos quitamos para senpre a vos et a toda vosa vos todo o aniversario que nos deven as casas et sua cortina que nos don frey Pedro Lopes, obispo de Lugo, deu en scambea, conven a saber la vosa casa en que suya morar Affonso Domingues da Crus assy commo se van a dereyto firir no poso do Porniseyro, sub a capela de Santiago; et mandamos et defendemos a qualquer ou quaesquer que os ditos aniversarios teen ou teveren d’aqui adeante que vos non demanden nen peçan aniversario ningun das ditas casas a vos nen a vosa vos, nen a as ditas casas nen a ninguna delas nen a outro ningun por elas, et se vo-lo demandaren ou pidiren que vos nen vosa vos, nen as ditas casas non seyades teudos de o pagar en ninguna maneyra.

Et eu, o dito Aras Peres, que presente soo dou a vos, o dito dayam, et cabidoo para os ditos aniversarios para senpre por iur d’erdade dos ditos aniversarios, hun oytavo d’una casa que he enna rua do Campo de Lugo, enna qual casa ora mora Roy Leyton, piliteyro, na qual casa vos mandou Moor Aras minna yrmaa outro oytavo, a qual casa he su signo da capela de San Pero, o qual oytavo da dita casa a min perteescia por parte d’Ares Peres da Crus, meu padre, et de Tareyia Pellaes, minna madre; o qual oytavo da dita casa vos dou en escambea por o dito aniversario, que me das ditas minnas casas dades et quitades, et estas ditas scambeas outorgamos et reszebemos as ditas partes huus d’outros, et obligamos de vos fazer senpre de pas huuns a outros. Et por que ysto seia çerto nos las ditas partes rogamos a Iacome Guillelmes, notario publico da cibdade de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tennor, a huna para nos o dito Aras Peres, seelada con o seelo do cabidoo colgado, et a outra que a deytasse con seu signo no noso livro do cabidoo.

Feyto foy ysto XIXº dias de marso, era de mill et CCC LXXX et nove annos.

Os que presentes foron testemoyas: don Fernando de Deus, chantres de Lugo; don Afonso Gomes, arçidiago de Deça; don Garçia Dias, arçidiago de Sarea; don Vasco Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Vasco Dias, iuys; don Lopo Domingues, thesoreyro; Iohan Dias, Iohan Ferrnandes, Tomas Gomes, coengos; Gonçalvo Yanes, Diego Gomes, Ruy Gomes, raçoeyros, et Iohan Ferrnandes et Fernando Yanes et Afonso Yanes et Iohan Ferrnandes et Afonso Ferrnandes, clerigos do dito coro, et outros.

Et eu Iacome Guillelmes, notario publico da çibdade de Lugo, a esto presente fuy et esta carta aqui fis scrivir en mina pressença et puge aqui meu signal.