GMH/ÍNDICE A-Z

666
1364, marzo, 18. Lugo
O Cabido de Lugo, ante a renuncia presentada por Lopo López, (inclúe o documento: 1364-III-10, CD n.º 665), outorga un novo foro a favor de Gómez Ares e a súa muller do casal de Pombar, en San Lourenzo de Albeiros, por renda anual dunha terza de pan e a obriga de construír unha casa.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 113r; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 113.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, o dayan, et cabiido de Lugo, veendo huna renunpçiaçon dun foro do nosso casal chamado do Poonbar, que he en Alveyros, que de nos tina Lopo Lopes d’Aguiar afforado, a qual renunpçiaçon he esta que se sigue:

Segue a continuación o documento de renuncia (CD n.º 665).

por faser graçia a o dito Gomes Ares lle damos afforo et avervo o dito cassal dito do Poonbar, assi commo o de nos tina en foro et vervo o dito Lopo Lopes, por en toda sua vida et de sua essposa, Aldara Peres, por tal condiçon que o lavre et pare bem as herdades del et tire donde iouveren mal paradas, et que façades y huna cassa que esta por faser de pedra et de madeyra et cuberta de loussa, et que nos diades del, cada anno, huna terça de pan do mellor que y ouver no dito lugar posta a semente, en pas et en salvo enna villa de Lugo, a os que recadaren por nos os aniverssarios en renda ou en fialdade, sen outro desconto nihun. Et a morte da pustrimeyra pessoa de vos o dito cassal ha de ficar a nos et a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos et con a dita cassa feyta.

Et eu, o dito Gomes Ares, por min et por la dita minna espossa, Aldara Peres, assi reçebo o foro de vos, o dito cabiido, et obligo por min et por todos meus bees de o comprir assy commo dito he. Et porque esto seia çerto nos, o dito dayan, et cabiido rogamos a Fernan Peres, notario publico de Lugo, que fezesse ende duas cartas en hun thenor, huna para nos, o dito cabiidoo, et outra para o dito Gomes Ares.

Feyta en Lugo, dez et oyto dias de março, era de mill et quatroçentos et dous annos.

Testemoyas: dom Ruy Ferrnandes, dayam; don Alvar Rodrigues, chantres; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; don Rodrigo Affonso, arçidiago de Deçon; dom Ruy Gomes, mestrescolla; don Iohan Dias, thesoreyro; Thomas Gonçalves, Gonçalvo Eanes, Fernando Peres, Alvar Dias, coengos de Lugo; Pedro Ares et Rodrigo Affonso, raçoeyros de Lugo; Lopo Peres, porteyro do dito cabiidoo, ts., et outros.

Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico de Lugo, dado por la autoridade do bispo senor dese lugar, a esto que sobredito he presente fuy con as ditas testemoyas, et por rogo das partes sobreditas esta carta fis en minna presença scrivir et puge y meu nome et meu signal. (+).